Denis Krivoshlykov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denis Krivoshlykov
Denis Iwanowitsch Kriwoschlykow 01.jpg
Nacemento10 de maio de 1971
Lugar de nacementoMoscova
NacionalidadeRusia
Ocupaciónbalonmanista
PremiosOrden da Amistade
editar datos en Wikidata ]

Denis Ivanovich Krivoshlykov, nado en Moscova o 10 de maio de 1971, é un ex xogador ruso de balonmán. Xogaba de extremo dereito. Foi un dos compoñentes da selección de balonmán de Rusia, coa que disputou 280 partidos internacionais nos que anotou un total de 448 goles. Proclamouse campión olímpico en Sydney 2000 e foi medalla de bronce en Atenas 2004.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Denis xogou ata o 2000 no CSKA Moscova, logo dende o 2000 ata o 2012 xogou no Ademar León.

No seu palmarés conta con tres Ligas de Rusia (1994, 1995, 2000), unha Liga ASOBAL (2001), unha Copa do Rei (2002), unha Recopa de Europa (2005) e unha Copa ASOBAL (2008).

Recibiu a distinción ao mellor extremo dereito do Campionato Europeo de Balonmán de 2002.