DeMostra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Demostra»)

Coordenadas: 42°11′39″N 8°38′07″O / 42.1942141, -8.6351975 DeMostra: Festival Urban é un festival gratuíto e apto para todas as idades que inclúe unha xornada de actividades sobre a cultura urbana no concello de Mos.[cando?] Os principais elementos que o conforman son: Skate, Grafiti, Parkour, Breaks e Beatbox.

Este festival, fomentado por un grupo de amigos e coa axuda do Concello de Mos, nace coa idea de revitalizar o municipio. Achega así a cultura urbana e, polo tanto, satisfai as inquietudes artísticas desde os máis pequenos ata os máis adultos.

Localización[editar | editar a fonte]

O lugar onde se leva a cabo este festival de cultura urbana é no complexo do OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) Multiusos de Mos debido a que conta cun gran espazo no que poden colocar os diferentes elementos dos seus obradoiros: o escenario para os concertos, os taboleiros para o grafiti, a pista de break dance etc. Posto que, ademais, xa conta coa pista de bmx e skate, xa construída, que complementan e condicionan dita localización.

Actividades[editar | editar a fonte]

Ao longo da xornada, hai diversas actividades cun horario para que se poida asistir aos diversos obradoiros que se realizan. Cada unha delas conta cunha estrutura:

GRAFITI[editar | editar a fonte]

Obradoiro[editar | editar a fonte]

  • Coñecementos dos usos adecuados e inadecuados do Grafiti.
  • Coñecemento das técnicas do spray máis utilizadas da arte mural.
  • Uso das técnicas de spray na elaboración de Grafitis.
  • Creación colectiva dunha peza de Grafiti.

PARKOUR[editar | editar a fonte]

Obradoiro[editar | editar a fonte]

  • Aprendizaxe das técnicas fundamentais de desprazamentos e actitudes de posturas de Parkour.
  • Aprendizaxe das técnicas de salto/gato de precisión.
  • Aprendizaxe de técnicas de recepción e rodamentos.
  • Aprendizaxe de técnicas de pasa-valos frontais e laterais.
  • Práctica das técnicas en circuíto con percorrido fluído.

BEATBOX[editar | editar a fonte]

Obradoiro[editar | editar a fonte]

  • Achegar a historia do Beatbox.
  • Introdución e familiarización co beatbox.
  • Aprendizaxe das técnicas fundamentais.
  • Recomendacións para a práctica e uso do micro.
  • Práctica para a elaboración de sons bucais.

BREAK DANCE[editar | editar a fonte]

Obradoiro[editar | editar a fonte]

  • Aprendizaxe dás técnicas fundamentais de desprazamento e actitude postural de Breakdance (TopCocks).
  • Aprendizaxe das técnicas fundamentais de combinación no chan (Footworks).
  • Aprendizaxe de técnicas de equilibrio e posición fundamentais (Freezes).
  • Elaboración dunha breve rutina de Breakdance.

BMX e SKATE[editar | editar a fonte]

Obradoiro[editar | editar a fonte]

  • Adestramentos pola mañá.
  • Torneo pola tarde.
  • Planificación dunha fase de inscricións públicas.
  • Premios varios e centrados no deporte de bmx.
  • Xuíces experimentados que valorarán aos participantes, xunto a un speaker que anime o evento, ademais de música en directo.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Algunhas organizacións e colectivos que colaboran coa dirección do evento comprométese a impartir e supervisar os diferentes obradoiros de Graffiti, Beatbox, Breakdance, Parkour, Skate e BMX; entre eles pódese atopar profesionais como Vella Escola, Mondaka D.I.E. Skatepark ou WS Skateboard.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]