Demografía da Cidade do Vaticano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A poboación vaticana está composta por membros da Igrexa Católica, que debido ás súas función, residen alá. Ademais do Papa, residen e traballan nela bispos, cardeais, arcebispos e outros funcionarios importantes da Igrexa. A maioría dos funcionarios estables son italianos, un número considerable suízo (debido sobre todo á Garda Suíza, o exército do Vaticano) e o restante orixinario de diversos países.

A relixión oficial é o catolicismo, que ten un estatuto oficial. A Cidade do Vaticano non ten lingua oficial, e agás a Santa Sé, que utiliza normalmente o latín nos seus documentos oficiais, o Vaticano adoita utilizar o italiano para os seus documentos lexislativos e oficiais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]