Data access object

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

No deseño de patróns, o patrón DAO (Data Access Object) dispón dunha interface para os mecanismos de persistencia dos datos aínda que comunmente se emprega para o uso das bases de datos. Aínda que este patrón de deseño e aplicable na maioría dos linguaxes de programación, asociase tradicionalmente con aplicacións Java EE e as bases de datos relacionais accedese a través da API JDBC, debido a súa orixe en Sun Microsystems para esta plataforma.

Contexto[editar | editar a fonte]

Dentro da maioría das aplicacións necesitase gardar os datos de maneira persistente para que o saír da aplicación os datos poidan estar almacenados dalgunha forma e nalgún lugar (xa sexa unha base de datos obxectual, unha base de datos relacional, arquivos XML...) para que o volver a usar a aplicación esta poida cargalos e continuar traballando con eles. Para cada mecanismo de almacenamento existen múltiples formas de acceder aos datos e isto e algo que a lóxica de negocio non lle debería de afectar e por iso necesitase abstraer todo ese coñecemento e “envolvelo” nunha capa.

O patrón DAO (Obxecto de Acceso a Datos) mostra unha maneira de encapsular ese coñecemento e así evita que a lóxica de negocio coñeza esa tarefa, de tal maneira que se nalgún intre requirise cambiar a maneira de acceder aos datos non afecte a lóxica de negocio. A información que se obtén das fontes de datos é convertida (ou encapsulada) nun obxecto de tipo TransferObject (ou unha colección deles), que, simplificando non son máis que “caixas de información”.

Manexando múltiples fontes de datos: Patrón Factory[editar | editar a fonte]

En ocasión pode ocorrer que unha aplicación necesite facer uso de varias fontes de datos, o que se traduce en ter varios mecanismos para ter a información. Supoñamos que necesitamos acceder aos datos de tres formas distintas: unha mediante arquivos TXT, outra mediante ficheiros XLS e a última de todas cunha base de datos relacional, as cales gardan información sobre usuarios. O patrón Factory soluciónanos o problema de procurar que a capa de negocio non coñeza a maneira en que se obtén os datos.

Agora mostrase un pouco de código en Java para poder ter unha idea de como é a implementación:

Clase FactoryDao

public abstract class FactoryDao {
   public static final int TXT_FACTORY    = 1;
   public static final int XLS_FACTORY    = 2;
   public static final int ORACLE_FACTORY = 3;

   public abstract UserDao getUserDao();

   public static FactoryDao getFactory(int key) {
      switch (key) {
         case TXT_FACTORY:
            return new TxtFactoryDao();
         case XLS_FACTORY:
            return new XlsFactoryDao();
         case ORACLE_FACTORY:
            return new OracleFactoryDao();
         default:
            throw new IllegalArgumentException();
   }
}

A clase FactoryDao é a que realiza a creación dos obxectos FactoryDaoX a través do método estático getFactory(int) para cada unha das fontes de datos e obriga as subclases que teñan unha implementación do método getUserDao().

Interface UserDao

public interface UserDao {
   User search(String name);
   void insert(User user);
   void delete(User user);
}

Clase OracleFactoryDao

public class OracleFactoryDao extends FactoryDao {
   @Override
   public UserDao getUserDao() {
      return new OracleUserDao();
   }
}

Estende da clase FactoryDao e implementa o método getUsuarioDao(), xerando un obxecto que emprega a fonte de datos que se necesita (neste caso unha base de datos de Oracle).

Clase XlsFactoryDao

public class XlsFactoryDao extends FactoryDao {
   @Override
   public UserDao getUserDao() {
      return new XlsUserDao();
   }
}

Estende da clase FactoryDao e implementa o método getUsuarioDao(), xerando un obxecto que emprega a fonte de datos que se necesita (neste caso unha folla de cálculo de Microsoft Excel).

Clase TxtFactoryDao

public class TxtFactoryDao extends FactoryDao {
   @Override
   public UserDao getUserDao() {
      return new TxtUserDao();
   }
}

Estende da clase FactoryDao e implementa o método getUsuarioDao(), xerando un obxecto que emprega a fonte de datos que se necesita (neste caso un arquivo de texto plano).

Clase OracleUserDao

public class OracleUserDao implements UserDao {
   private ConnectionDao cn;

   public OracleUserDao() {
      cn = ConnectionDao.getInstance();
   }

   public User search(String name) {
      throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
   }

   public void insert(User user) {
      throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
   }

   public void delete(User user) {
      throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
   }
}

As operacións que realiza esta clase son empregando unha soa fonte de datos (unha base de datos en Oracle).

Clase XlsUserDao

public class XlsUserDao implements UserDao {
   private String path;

   public XlsUserDao(String path) {
      this.path = path;
   }

   public User search(String name) {
      throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
   }

   public void insert(User user) {
      throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
   }

   public void delete(User user) {
      throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
   }
}

As operacións que realiza esta clase son empregando unha soa fonte de datos (unha folla de cálculo en Microsoft Excel).

Clase TxtUserDao

public class TxtUserDao implements UserDao {
   private String path;

   public TxtUserDao(String path) {
      this.path = path;
   }

   public User search(String name) {
      throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
   }

   public void insert(User user) {
      throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
   }

   public void delete(User user) {
      throw new UnsupportedOperationException("Not supported yet.");
   }
}

As operacións que realiza esta clase son empregando unha soa fonte de datos (un arquivo en texto plano).

Clase User

public class User {
   private String name;
   private String lastname;
   private int age;

   //getter's & setter's
}

É a clase mediante a que se transforman os datos procedentes das distintas fontes de datos

Clase Client

public class Client {
   private FactoryDao factory = FactoryDao.getFactory(FactoryDao.TXT_FACTORY);
   private UserDao userDao = factory.getUserDao();

   public User search(String name) {
      return userDao.search(name);
   }
   
   public void insert(String name, String lastname, int age) {
      User user = new User();
      user.setName(name);
      user.setLastname(lastname);
      user.setAge(age);
      userDao.insert(user);
   }
}

Na clase Client podemos ver que é a que decide que fonte de datos empregar mediante o método getFactory(int) o cal retorna un obxecto que implementa a interface UserDao. O resto de operacions sobre UserDao son transparentes para a clase Client xa que non coñece o proceso que se require para obter e gardar a información.

Para que se emprega o patrón DAO?[editar | editar a fonte]

  • Para abstraer e encapsular os accesos os datos.
  • Para xestionar as conexións as fontes de datos.
  • Para poder ter os datos almacenados.

Patróns comunmente relacionados có patrón DAO[editar | editar a fonte]

  • Transfer Object: a información que se envía/recibe do DAO “empaquetase” nestes obxectos.
  • Factory: co obxecto de conseguir a independencia no almacén dos datos, comunmente emprégase este patrón para instanciar os DAOs.

Vantaxes do patrón DAO[editar | editar a fonte]

  • Os obxectos non necesitan coñecer a maneira directa o destino nin a maneira na que se manipula a información.
  • Baixase o nivel de acoplamento entre as clases, reducindo a complexidade de realizar cambios.
  • Íllase as conexións a fonte de datos nunha capa doadamente identificable e mantible.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]