Darpasat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Darpasat
Lanzamento de Darpasat
TipoTecnolóxico
OrganizaciónDepartamento de Defensa
Contratistas principaisBall Aerospace[1]
Data de lanzamento13 de marzo de 1994, 22:32 GMT[2][3]
Foguete portadorTaurus[1][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea, plataforma 576E[1][3][5]
Obxectivo da misiónDemostrador tecnolóxico.[1][3][5]
NSSDC ID1994-017B
Masa203 kg[4]

Darpasat, tamén coñecido como USA 102, foi un satélite artificial do Departamento de Defensa dos Estados Unidos de América lanzado o 13 de marzo de 1994 mediante un foguete Taurus desde a rampla 576E da Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][5]

Características[editar | editar a fonte]

Darpasat foi lanzado no mesmo foguete que o satélite TAOS e a súa misión consistiu en facer demostración de novas tecnoloxías no espazo. Estaba estabilizado mediante xiro e foi construído por Ball Aerospace.[1][5]

O satélite foi deseñado para facer as demostracións tecnolóxicas polo menos durante un ano, pero chegou a durar cinco grazas a un uso coidados das baterías e das cargas térmicas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Gunter Dirk Krebs (2012). Gunter's Space Page, ed. "DARPASAT" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "USA 102" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 25 August 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-25918). 7 de setembro de 1994: 2. Consultado o 31 de maio de 2012. 
  4. 4,0 4,1 NASA (14 de maio de 2012). "DARPASAT" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "DARPASAT" (en inglés). Consultado o 31 de maio de 2012.