Darío Lamazares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Darío Lamazares
Nacemento1923
 Antas de Ulla
Falecemento7 de decembro de 2007
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]
Medalla de Galiza.svg

Darío Lamazares Pena, nado en Antas de Ulla en 1923 e falecido o 7 de decembro de 2007 en Buenos Aires[1], foi un emigrante dinamizador da diáspora galega na Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chegou a Arxentina con 14 anos, en 1938, e pouco despois participou na fundación da Sociedad de Antas de Ulla y Monterroso e despois do Centro Lucense de Bos Aires, do que foi presidente durante catro períodos. Cando se fusionaron os centros pontevedrés, lucense, coruñés e ourensán no Centro Galicia de Bos Aires, en 1980, foi escollido o seu primeiro presidente. Tamén participou na creación do Instituto de ensino primario e secundario arxentino-galego Santiago Apóstol da capital bonaerense (1998), e mais da constitución da Fundación Galicia-América en 1996, da que foi escolleito vogal. Así mesmo, foi o voceiro da emigración galega nun acto de homenaxe no Congreso arxentino celebrado en 2005.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Datos persoais[editar | editar a fonte]

Faleceu no hospital do Centro Galego de Bos Aires. Tivo dous fillos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]