Daniel Rodríguez Rodríguez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX Redes, España |
| Actividade | |
| Ocupación | avogado, político |
| Familia | |
| Irmáns | Gaspar Rodríguez Rodríguez |
Daniel Rodríguez Rodríguez, nado en Redes (Ares), foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Patricio Rodríguez Díaz de Pontedeume, maxistrado en Valladolid, e Ángela Rodríguez Coucillas de Redes. Liberal e progresista, o seu irmán e máis el estiveron implicados na conspiración de 1866 para derrocar a Isabel II, tendo que exiliarse en Inglaterra e despois en París. Estudou dereito e opositu ao corpo xudicial. Foi nomeado maxistrado da Audiencia de Barcelona en 1880.[1] Foi elixido deputado polo distrito de Pontedeume en 1881. Renunciou ao escano o 20 de xullo de 1883 ao ser nomeado maxistrado da Audiencia de Madrid.[2]
O seu irmán Gaspar Rodríguez Rodríguez, médico, foi tamén deputado pola Coruña, Ortigueira e Pontedeume.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "Rodríguez Rodríguez, Daniel". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) I. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 601-602. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
| Predecesor: Domingo Caramés García |
Deputado por Pontedeume 1881 - 1883 |
Sucesor: Gaspar Rodríguez Rodríguez |