Daniel Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Daniel Granada y Conti")
Daniel Granada y Conti.

Daniel Granada Conti, nado en Vigo o 3 de setembro de 1847 e finado en Madrid o 10 de setembro de 1929, foi un filólogo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vocabulario rioplatense razonado, 2ª ed. Montevideo 1890.

Emigrou a Uruguai. Estudou Dereito na Universidade de Montevideo e doutorouse na mesma Universidade. Foi xuíz de primeira instancia, secretario da Universidade de Montevideo e catedrático de literatura do Ateneo Uruguay. En 1904 regresou a España e fixou a súa residencia en Madrid. Foi nomeado correspondente da Real Academia Española e comendador da Orde de Afonso XII. Colaborou en Almanaque Gallego e deixou inéditas Lexicografía y apuntamiento con especial aplicación del Río de la Plata e Reseña histórico-descriptiva del caballo y del perro baguales en el Río de la Plata.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Vocabulario rioplatense razonado. Montevideo, 1889.
  • Supersticiones del Río de la Plata. 1896.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]