Daniel Granada
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de setembro de 1847 Vigo, España |
Morte | 3 de decembro de 1929 (82 anos) Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Uruguai España |
Actividade | |
Ocupación | antropólogo , escritor , lingüista , autor |
Lingua | Lingua castelá |
Daniel Granada Conti, nado en Vigo o 3 de setembro de 1847 e finado en Madrid o 10 de setembro de 1929, foi un filólogo e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou a Uruguai. Estudou Dereito na Universidade de Montevideo e doutorouse na mesma Universidade. Foi xuíz de primeira instancia, secretario da Universidade de Montevideo e catedrático de literatura do Ateneo Uruguay. En 1904 regresou a España e fixou a súa residencia en Madrid. Foi nomeado correspondente da Real Academia Española e comendador da Orde de Afonso XII. Colaborou en Almanaque Gallego e deixou inéditas Lexicografía y apuntamiento con especial aplicación del Río de la Plata e Reseña histórico-descriptiva del caballo y del perro baguales en el Río de la Plata.
Obras
[editar | editar a fonte]- Vocabulario rioplatense razonado. Montevideo, 1889.
- Supersticiones del Río de la Plata. 1896.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1952). "GRANADA Y CONTI, Daniel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 206.
- GRANADA Y CONT, Daniel, artigo na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada