Daniel Faulkner
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2019.) |
Daniel Faulkner | |
---|---|
Nome completo | Daniel J. Faulkner |
Nacemento | 21 de decembro de 1955 |
Lugar de nacemento | Filadelfia |
Falecemento | 9 de decembro de 1981 |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | policía |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Daniel J. Faulkner, nado en Filadelfia (Estados Unidos) o 21 de decembro de 1955 e finado o 9 de decembro de 1981 na mesma cidade, foi un policía de Filadelfia asasinado en circunstancias polémicas. O xornalista, activista político, membro das Panteras Negras e do MOVE Mumia Abu-Jamal, foi arrestado e condenado polo asasinato, nun proceso cheo de controversias.
Datos biográficos[editar | editar a fonte]
Faulkner naceu nunha familia católica irlandesa do suroeste de Filadelfia, sendo o máis novo de sete irmáns. O seu pai morreu cando el tiña cinco anos e foi criado pola nai e os seus irmáns maiores. Pouco antes de graduarse no ensino secundario, Faulkner abandonou os estudos para enrolarse no exército. Unha vez alí, conseguiu un diploma en xustiza criminal. Despois de abandonar o exército en 1975 Faulkner entrou a traballar no departamento de policía de Filadelfia. No entanto, trataba de sacar a licenciatura en xustiza criminal, pensando en converterse algún día en fiscal do distrito. Casou cunha muller chamada Maureen en 1979.
Asasinato[editar | editar a fonte]
Segundo o desenvolvemento dos feitos estabelecido polo fiscal no xuízo que condenou a Mumia Abu-Jamal o 9 de decembro de 1981, Faulkner detivo a William Cook, irmán de Abu-Jamal. No entanto trataba de arrestalo, Abu-Jamal chegou e disparoulle polas costas. Faulkner conseguiu devolver os disparos antes de caer ao chan, ferindo a Abu-Jamal no peito. Nese momento, Abu-Jamal disparou as balas restantes do seu revólver a queimarroupa. Un dos tiros impactou na cara de Faulkner.
Esta secuencia de feitos foi rexeitada polas persoas e organismos que apoiaban a Abu Jamal. Este foi detido por varios policías que se achegaron á escena do crime. Faulkner foi declarado morto esa mesma noite e Abu Jamal foi inmediatamente acusado da súa morte e condenado por ela en 1982.
Maureen Faulkner[editar | editar a fonte]
Despois da morte do seu esposo. Maureen Faulkner mudouse a California, onde leva unha clínica médica. En 1994, tras descubrir que a Radio Pública Nacional pensaba emitir unha serie con mensaxes e comentarios gravados por Abu-Jamal dende o corredor da morte, Maureen comezou unha campaña contra o movemento "Liberdade para Mumia". Dende entón fixo moitísimos discursos e aparicións públicas, apoiando a condena e a súa consecuente pena de morte. En 1999 presentouse no Evergreen State College para protestar a decisión desta universidade de permitir unha fita de vídeo de Abu Jamal onde actuaba como padriño da promoción. Nesa gravación Abu-Jamal incluía ideas marxistas e animaba os titulados a emular a figura de Malcom X.
O 8 de decembro de 2006 apareceu de novo, desacreditando os seguidores de Abu-Jamal e pedíndolle ao avogado do estado Lynne M. Abraham que se opuxese firmemente ás peticións de Abu-Jamal de revisión do xuízo.
Honras e homenaxes[editar | editar a fonte]
Unha parte da Ruta 1, que atravesa o nordeste de Filadelfia foi chamada Autoestrada Daniel Faulkner na súa honra. O 9 de decembro de 2001, celebrouse en Filadelfia unha cerimonia presidida pola súa viúva co gallo do vixésimo aniversario da súa morte.