Saltar ao contido

Daniel Domínguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Domínguez
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1870147 BNE: XX1501836 BUSC: dominguez-daniel Editar o valor en Wikidata

Daniel Domínguez Pérez, nado en Tui en 1955, é un guionista galego. Forma parte da primeira xeración dos actuais (out. de 2004) integrantes do Sector Audiovisual Galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou (de xeito autodidacta) dirixindo A outra muller (Vídeo, 1982), O segredo (35mm, 1984) e Río de sombras (35mm, 1986), esta última baseada no conto "O Suso" de Xosé Luís Méndez Ferrín.

En 1991 está entre os integrantes do equipo fundador da Escola de Imaxe e Son (EIS) da Coruña onde imparte a materia de guión. Durante anos deixáse notar a súa influencia na formación dos futuros profesionais do Audiovisual Galego ben sexa na EIS, nos masters da Universidade da Coruña ou en numerosas iniciativas relacionadas coa esinanza da construción do guión.

Sae da Escola de Imaxe e Son dun xeito abrupto impropio do seu talento e reaparece como guionista de series de televisión como Mareas Vivas (1998), Terras de Miranda (2000), As leis de Celavella (2003) ou a recente Miña sogra máis eu (2004).

O seu nome aparece nos créditos de agradecemento de innumerables curtametraxes, e como guionista de todo tipo de obras audiovisuais entre elas algunhas de animación como Ignotus (2000) e Os defuntos falaban castelao (2000). Tamén na longametraxe galega Blanca Madison (Carlos Amil, 2000).

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Director de Curtametraxes e Vídeo

[editar | editar a fonte]
  • A outra muller (Vídeo, 1982)
  • O segredo (35mm, 1984) codirixida con Uxía Blanco
  • Río de Sombras (35mm, 1986) -Mención Especial no Festival de Cine de Alcalá de Henares de 1987-

Guionista

[editar | editar a fonte]

Televisión

  • Mareas Vivas (1998)
  • Terras de Miranda (2000)
  • As leis de Celavella (2003) -Premio Mestre Mateo 2003 ao mellor guión orixinal-
  • Miña sogra máis eu (2004)

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Ignotus ( Tomás Conde e Virginia Curiá, 2000)
  • Os defuntos falaban castelao ( Tomás Conde e Virginia Curiá, 2000)

Longametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Blanca Madison (Carlos Amil, 2000)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]