Daniel Calzado
Daniel Calzado | |
---|---|
Nacemento | 1891 |
Lugar de nacemento | Tomiño |
Falecemento | 11 de novembro de 1972 |
Lugar de falecemento | Buenos Aires |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Daniel Calzado Poceiro, nado en Tomiño en 1891 e finado en Buenos Aires o 11 de novembro de 1972, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
En 1911 marchou a Buenos Aires, onde colaborou coa asociación de residentes de Tomiño. Uns anos antes da instauración da República retornou a Tomiño e participou na fundación de sociedades de agricultores, estando presente na Federación Agraria Municipal de Tomiño e na Federación Agraria de Tui. Foi director de El Agro de Tomiño. Tamén organizou e presidiu a Asociación La Aurora del Porvenir. Na República foi elixido concelleiro e primeiro tenente de alcalde de Tomiño en 1931 e despois da dimisión de Ramiro Moure Moure en outubro dese ano foi elixido alcalde. Permaneceu no cargo ata 1934.
Trala derrota das forzas republicanas, volveu a Buenos Aires e fundou varias organizacións políticas e culturais. Participou no Consello de Galiza e na asemblea de 1965 foi elixido Presidente da Comisión de Finanzas. Ocupou varios cargos na Agrupación “Celta” do Centro Galego.
Predecesor: Ramiro Moure Moure |
![]() Alcalde de Tomiño 1931 - 1934 |
Sucesor: Manuel Vicente Alonso
|
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Jorge Pereira, Natalia. Deputación Provincial, ed. "As escolas indianas en Tomiño" (PDF). De Pontevedra: 107–116. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de marzo de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2012.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía na Enciclopedia da Emigración Arquivado 01 de maio de 2013 en Wayback Machine.