Daniel Anido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Daniel Anido, nado en Lugo en 1960, é un xornalista galego.

Trxectoria

É fillo de pais galegos, pero criouse no País Vasco. Iniciouse profesionalmente na redacción de informativos de Radio Bilbao, pertencente á cadena SER. Despois foi nomeado subdirector e director de informativos da emisora en Madrid. En febreiro de 2011 foi nomeado director de contenidos falados de Prisa Radio.

Sendo director dos Servizos Informativos da SER, o seu equipo obtivo dous Premios Ondas, polo seguimento da crise do Prestige e pola cobertura informativa do atentado do 11-M.

En 2010 recibiu o premio José Couso á libertade de expresión[1], o Premio de periodismo da Unió de periodistes de València, e o primeiro premio IX Decreto, da Asociación da Prensa de Cádiz, pola súa contribución ao exercicio do periodismo e a súa defensa da liberdade de expresión.

En decembro de 2009 foi condenado xunto a Rodolfo Irago por difundir un listado das afiliacións irregulares do PP que tamén foi publicado en internet. Porén, tras recurrir á audiencia provincial de Madrid, foi absolto en xuño de 2010[2].

Notas