Dangsinjasingwa dangsinui geot
Aparencia
| Dangsinjasingwa dangsinui geot | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
Dangsinjasingwa dangsinui geot (en coreano: 당신자신과 당신의 것) é un filme surcoreano de 2016 dirixido por Hong Sang-soo. O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A trama xira arredor da parella Yeong-soo (interpretado por Kim Joo-hyuk) e Min-jeong (interpretada por Lee Yoo-young). Despois dunha pelexa entre eles, deciden facer un descanso na súa relación. Ao día seguinte, Min-jeong desaparece sen deixar rastro. En troques, aparece unha muller que é exactamente igual a Min-jeong. Parece interesada en buscar o home ideal e sae con todos os homes da cidade onde viven. Un día volve Min-jeong.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kim Joo-hyuk como Yeong-soo
- Lee Yoo-young como Min-jeong
- Kim Eui-sung como Joong-haeng
- Kwon Hae-hyo como Jae-young