Dalawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dalawa ou Talawa foi o nome hitita da cidade de Tlos que máis tarde foi unha das seis que formaron a confederación licia.

Aparece rebelada contra os hititas en tempo de Tudhaliyas II, xunto con Hinduwa ou Hunduwa. Madduwattas rei de Zippasla, suxeriu que o exército hitita (dirixido por Kisbapili) atacase Hunduwa e el mesmo Dalawa. En realidade Madduwattas aliouse con Dalawa e, coa súa axuda, fixo caer a Kisbapili nunha trampa e exterminou o exército hitita.