Saltar ao contido

DS Rokta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DS Rokta
O RS Christian Bugge con mariñeiros rescatados do DS Rokta.
 Instancia de
Persoas e organizacións
 Propietario/a
 Operador/a
Produción
 Fabricante
Características
 Número do casco
33 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Anchura25,1 pés Editar o valor en Wikidata
Lonxitude131,4 pés Editar o valor en Wikidata
Tonelaxe bruto368 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Entrada en servizo
xuño de 1918 Editar o valor en Wikidata
 Retiro do servizo
3 de abril de 1938 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Acontecementos
3 de abril de 1938 naufraxio Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de rexistro
Wikidata

O DS Rokta foi un navío noruegués de mercadorías que afundiu en 1938. O Rokta, de aproximadamente 400 toneladas, construírase en 1918.

Na noite do 3 de abril de 1938, de volta de Escocia o navío viuse sorprendido por unha forte treboada no mar de Hustadvika, unha das áreas máis perigosas da costa norueguesa, batendo contra as rocas dos farallóns coñecidos como Gallerskjæra cerca das illas de Rindarøy e Bjørnsund. O navío foi rápido a pique, pero o buque de rescate RS Christian Bugge logrou rescatar seis dos doce tripulantes. O salvamento transmitiuse en directo pola radio a bordo do Christian Bugge chegando a moitos fogares noruegueses, o que o converteu nun acontecemento xornalístico acaparando portadas en xornais noruegueses e do estranxeiro.

O escritor Arnulf Øverland escribiu un poema sobre o naufraxio do Hustadvika:

Det kom en melding fra Bjørnesund:
I natt er det gått et skip på grunn.
Unha nova veu de Bjørnesund:
un barco afundiu na noite.
Arnulf Øverland: Sjøfolkene på Hustadvika

En 1991 erixiuse un monumento en memoria do Rokta na illa de Rindarøy.