Día Mundial da Liberdade de Prensa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Día Mundial da Liberdade de Prensa foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas en 1993 trala recomendación da Conferencia Xeral da UNESCO que, na resolución de 1991 sobre a promoción da liberdade de prensa en todo o mundo, recoñoceu que unha prensa libre, pluralista e independente é un compoñente esencial de calquera sociedade democrática.

A elección da data lembra o aniversario da Declaración Windhoek (adoptada o 3 de maio de 1991) e lembra as violacións dos dereitos da liberdade de expresión e o risco de tantos periodistas en todo o mundo para promove-lo libre fluxo da información. O obxectivo da celebración é o de difundi-lo papel decisivo que desempeña a liberdade de prensa no fortalecimento da democracia en todo o mundo.

A partir de 1997 convócase simultaneamente o Premio Mundial UNESCO-Guillermo Cano de Liberdade de Prensa, a fin de recompensar unha acción meritoria realizada por unha persoa ou organización na defensa da liberdade de expresión en calquera parte do mundo, en particular cando esa acción entraña un risco para a vida de quen a levou a cabo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Nota de prensa da ONU no 2007 (en castelán).