Saltar ao contido

Día Internacional da Diversidade Biolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Día Internacional da Diversidade Biolóxica
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Conmemora
Características
 Tema principal
Datas
 Data de comezo
2002 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
1993 Editar o valor en Wikidata
 Día periódico
Historia
1994Conferencia de Nassau de 1994 sobre a biodiversidade: idea Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Fundador/a
 Organizador/a
Códigos e identificadores
Freebase/m/0d36ts Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata
A Terra vista desde o Apollo 17.

O Día Internacional da Diversidade Biolóxica é unha data que se celebra o 22 de maio de cada ano, por decisión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas do 20 de decembro de 2000, na Resolución 55/201. Este día foi creado para "informar e concienciar á poboación e aos estados sobre as cuestións relativas á biodiversidade". A data elixiuse por coincidir co aniversario da aprobación do Convenio sobre a Diversidade Biolóxica, firmado en 1992.[1]

Biodiversidade e turismo sostible
A diversidade de especies, ecosistemas e paisaxes atrae ao turismo e fomenta o crecemento económico. Á súa vez, un sector turístico ben xestionado contribúe de maneira significativa a protexer a flora e a fauna, mesmo a aumentar as poboacións de determinadas especies claves, ademais de concienciar acerca do valor da biodiversidade a través dos ingresos que xera o turismo.
A celebración do Día Internacional para a Diversidade Biolóxica bríndanos a oportunidade de resaltar os beneficios que o turismo sostible ten para o crecemento económico, así como para a conservación e o uso sostible da biodiversidade.
Este vínculo entre biodiversidade e turismo sostible coincide coa declaración de 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sostible para o Desenvolvemento.

Tema por ano

[editar | editar a fonte]
AnoTema
2017Biodiversidade e turismo sostible
2016Incorporación da diversidade biolóxica. Apoiar á xente e aos seus medios de subsistencia
2015Diversidade biolóxica para o desenvolvemento sostible
2014Diversidade Biolóxica das Illas
2013Auga e Biodiversidade
2012A Diversidade Biolóxica Mariña
2011A Diversidade Biolóxica Forestal
2010Biodiversidade, desenvolvemento e alivio da pobreza
2009Especies exóticas invasoras
2008Biodiversidade e agricultura, (en inglés).
2007Biodiversidade e cambio climático, (en inglés).
2006Protexendo a biodiversidade en zonas áridas, (en inglés).
2005Biodiversidade, seguro de vida para o noso mundo en evolución, (en inglés).
2004Biodiversidade – alimento, auga e saúde para todos, (en inglés).
2003Biodiversidade e alivio da pobreza – retos para o desenvolvemento sostible, (en inglés).
2002Dedicado á biodiversidade dos bosques, (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Información e material promocional