Saltar ao contido

Células A549

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Células A549 vistas con microscopía DIC, dun cultivo de 3-4 días, mostrando unha abundancia de conexións intercelulares, incluíndo posibles citonemas, filopodios e outras pontes epiteliais. (Estas células endocitaron nanobastonciños de ouro coloidal de 25x73 nm.)

As células A549 son unha liña celular de adenocarcinoma epitelial basal alveolar humano, que se empezou a desenvolver en 1972 por D. J. Giard, et al., derivadas da extracción e cultivo de tecido canceroso pulmonar do tumor explantado dun paciente.[1] As células son utilizadas como modelos para o estudo do cancro pulmonar e o desenvolvemento de fármacos para a súa terapia.[2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

As células A549 que se encontran no seu tecido pulmonar de orixe son escamosas e responsables da difusión dalgunhas substancias, como auga e electrólitos, a través dos alvéolos. Se as células A549 se cultivan in vitro, crecen como monocapa; adherindose ao frasco de cultivo.[1] As células poden sintetizar lecitina e conteñen altos niveis de ácidos graxos insaturados, que son importantes para manter os fosfolípidos de membrana.[1] As células A549 son amplamente utilizadas como modelo das células epiteliais pulmonares de tipo II para o metabolismo de fármacos e como hóspedes de transfección.[4][5] Cando crecen durante un tempo suficientemente longo en cultivo celular, as células A549 poden empezar a diferenciarse, como sinala a presenza de corpos multilamelares.[6]

As células A549 serviron como modelo de epitelio pulmonar de tipo II, sendo útiles nas investigacións que examinan o procesamento metabólico de tecido pulmonar e os posibles mecanismos da entrega de fármacos ao tecido.[3] No contexto do desenvolvemento de fármacos de cancro pulmonar, as células serviron como campo de proba para novos fármacos, como paclitaxel, docetaxel e bevacizumab, tanto in vitro coma in vivo por medio de cutivo celular e xenoenxertos, respectivamente.[1][7] O monitoreo dunha soa célula da liña A549 permitiu facer perfís de árbores de pedigrí elaborados e demostrou correlacións no comportamento entre células irmás.[8] Tales observacións de correlacións poden utilizarse como medidas representativas para identificar o estrés celular e a herdanza como resposta ao tratamento con fármacos.[9] As A549 tamén se empregaron en investigación viral e a expresión de proteínas asociada, que cambia como consecuencia da infección viral.[10] Aínda que a A549 é unha liña celular cancerosa, tamén foi estudada a súa resposta á tuberculose, especificamente a produción de quimicinas, que é inducida polas bacterias invasoras.[11]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "A549 Cell Line: Human alveolar adenocarcinoma cell line -General Information". Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  2. Giard, DJ; Aaronson, SA; Todaro, GJ; Arnstein, P; Kersey, JH; Dosik, H; Parks, WP (1973). "In vitro cultivation of human tumors: Establishment of cell lines derived from a series of solid tumors". Journal of the National Cancer Institute 51 (5): 1417–23. PMID 4357758. doi:10.1093/jnci/51.5.1417. 
  3. 3,0 3,1 Foster, KA; et al. (15 de setembro de 1998). "Characterization of the A549 cell line as a type II pulmonary epithelial cell model for drug metabolism.". Experimental Cell Research 243 (2): 359–366. PMID 9743595. doi:10.1006/excr.1998.4172. 
  4. abcam.com. "A549 (Human lung adenocarcinoma epithelial cell line) Whole Cell Lysate (ab7910)". Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  5. ATCC.org. "A549 cell line: CCl-185 Product Description". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2012. Consultado o 3 de xaneiro de 2012. 
  6. Cooper, Jim (decembro de 2012). "Cell line profile A549" (PDF). Public Health England. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  7. Franklin, Maryland (maio de 2016). "A549 – A Model For Non-Small Cell Lung Cancer". MiBioresearch. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 25 de xuño de 2018. 
  8. Korsnes, Mónica Suárez; Korsnes, Reinert (2018). "Single-Cell Tracking of A549 Lung Cancer Cells Exposed to a Marine Toxin Reveals Correlations in Pedigree Tree Profiles". Frontiers in Oncology (en English) 8: 260. ISSN 2234-943X. PMC 6039982. PMID 30023341. doi:10.3389/fonc.2018.00260. 
  9. Andrei, Luca; Kasas, Sandor; Ochoa Garrido, Ignacio; Stanković, Tijana; Suárez Korsnes, Mónica; Vaclavikova, Radka; Assaraf, Yehuda G.; Pešić, Milica (2020-01-01). "Advanced technological tools to study multidrug resistance in cancer". Drug Resistance Updates 48: 100658. ISSN 1368-7646. PMID 31678863. doi:10.1016/j.drup.2019.100658. 
  10. Thomas, LH; Friedland, JS; Sharland, M; Becker, S (1998). "Respiratory Syncytial Virus-Induced RANTES Production from Human Bronchial Epithelial Cells Is Dependent on Nuclear Factor-κB Nuclear Binding and Is Inhibited by Adenovirus-Mediated Expression of Inhibitor of κBα". Journal of Immunology 161 (2): 1007–16. PMID 9670982. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 06 de xaneiro de 2020. 
  11. Lin, Yuanguang; Zhang, Ming; Barnes, Peter F. (1998). "Chemokine production by a human alveolar epithelial cell line in response to Mycobacterium tuberculosis". Infection and Immunity 66 (3): 1121–6. PMC 108024. PMID 9488404. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.