Curbián, Palas de Rei
Aparencia
Curbián | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Curbián. | |
Concello | Palas de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°51′46″N 7°54′17″O / 42.86284287, -7.90469505 |
Poboación | 74 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 3[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Curbián é unha parroquia do concello de Palas de Rei na comarca da Ulloa, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2009 tiña 86 habitantes, deles 45 eran homes e 41 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 104 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- A igrexa de San Martiño de Curbián é románica do século XII ou comezos do XIII, con reformas do século XIX. De planta rectangular, composta por nave, capela maior máis elevada e sancristía pegada no lateral norte. Frontis con porta de arco de medio punto, con columnas e capiteis, con ornamentación xeométrica o esquerdo e figurada o dereito. No lateral norte ábrese outra porta de arco de medio punto con decoración. No lateral sur do presbiterio sitúase a antiga fiestra románica da primitiva ábsida derrubada no XIX.
- Pazo de Ulloa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Igrexa de Curbián.
-
Portada da igrexa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Curbián
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Curbián no concello de Palas de Rei (Lugo) | |
---|---|
Curbián | Pena Piñeiro | Ulloa |