Cultura Natural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cultura Natural
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Cultura Natural é un partido anarquista, ecoloxista e esperantista español fundado en 1981. Avoga por converter á Terra nun Estado federal que teña como lingua oficial o esperanto, pola reconversión das centrais nucleares de fisión polas de fusión, polo aumento de cereais integrais na alimentación, sobre todo do arroz integral, pola gasolina e gasóleo vexetal, e pola cirurxía natural. Está en contra da utilizacion do aceite fritido, das drogas, do alcohol, e do leite de vaca.

Eleccións[editar | editar a fonte]

Habitualmente preséntase ó senado en Madrid, no 2004 o seu mellor candidato conseguiu 1.251 votos.