Saltar ao contido

Cubalibre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cóctel Cuba Libre
Cóctel Cuba Libre

O cubalibre[1] é un cóctel resultante da mestura de ron con refresco de cola. Na Arxentina denomínase Cubalibre, en Chile denomínaselle roncola, en México chámaselle só cuba e en España coñéceselle coloquialmente como cubata (aínda que nalgunhas comunidades do país este termo dexenerou e pode denominar a calquera bebida resultante de mesturar refrescos e bebidas alcohólicas de alta graduación). Nos países de fala inglesa chámase 'Rum and Coke'. É un highball feito de cola, limón e ron branco.

A receita máis clásica consiste en poñer nun vaso varios cubos de xeo, engadir 42 ml. de ron añejo e terminar de completar o vaso con refresco de cola. Finalmente engádense unhas pingas de limón e adórnase cunha roda do mesmo cítrico.

A forma máis común de tomalo é en vaso ancho (salvo na maioría de provincias de España, onde se adoita utilizar vaso de tubo), acompañado de xeos e un toro de limón..[2]

A historia da invención do cubalibre varía segundo as fontes. Algunhas din que a bebida foi mesturada na Habana, Cuba, con ron Bacardí, ao redor dos anos 1901/1902. As forzas norteamericanas que colaboraron con Cuba durante a guerra hispano-estadounidense, mesturaban regularmente ron e bebida de cola nun vaso dos utilizados para servir whisky, esta bebida empezou logo a se denominar Cuba Libre, en honra ao berro de batalla das tropas cubanas.[3]

Un soldado da época conta a seguinte versión:

"a segunda bebida máis popular do mundo naceu durante a guerra entre os Estados Unidos e España. Durante a guerra hispano-estadounidense no cambio de século con Teddy Roosevelt e os Rough Riders Unha tarde, un grupo de soldados fóra de servizo do corpo de sinais dos Estados Unidos reuníronse nun bar da Habana Vella. Onde un mozo mensaxeiro Fausto Rodríguez, recordou que o capitán Russell chegou e ordenou Ron Bacardi (ouro) e Coca-Cola con xeo . O capitán bebía con tal pracer que espertou o interese dos soldados ao seu redor polo que o barman preparou unha rolda da bebida do capitán para eles. O ron Bacardí con Coca-Cola foi un éxito instantáneo, como até hoxe en día. Cando ordenaron outra rolda, un soldado suxeriu que se brindase Por Cuba Libre! en celebración da Cuba recentemente liberada".[4]

Ingredientes

[editar | editar a fonte]
  • Ron branco
  • Refresco de cola
  • Roda de limón
  • Xeo
  1. Nome en galego en Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. "Cómo preparar un Cuba-Libre - Barexpres". Barexpres.com. 10 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2013. Consultado o 10 de febreiro de 2013. 
  3. "El original Cuba Libre BACARDY celebra su aniversario 110". Business Wire. 3 de agosto de 2010. Consultado o 24 de xaneiro de 2011. 
  4. "Cuba Libre History". Havana Club. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2011. Consultado o 24 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]