Cruceiro de Bustelo
Aparencia
Coord.: 42°44′N 8°46′O / 42.73, -8.77
Cruceiro de Bustelo | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | cruceiro ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1893 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Dodro | |||
Parroquia | San Xoán de Laíño | |||
Lugar | Bustelo ![]() | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
O cruceiro de Bustelo do Monte é un cruceiro situado no lugar de Bustelo (San Xoán de Laíño, Dodro). Tanto o peto da esmola coma o cruceiro datan do ano 1893.
Historia
[editar | editar a fonte]Sete homes emigraron a Cuba, cando a illa aínda era española, e antes de marcharen prometeron construír un cruceiro na súa aldea se todo lles ía ben. En 1893 mandaron os cartos, e o cruceiro e o peto construíronse no lugar en que se soterraban antes os nenos e nenas sen bautismo.
O peto da esmola non ten ningunha lenda, e a carón do cruceiro aparecen os nomes dos sete homes que o pagaron.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Silvia Figueira: Dodro, un concello para ver. Concello de Dodro.