Criminal (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Criminal é unha serie de televisión antolóxica de Netflix, composta de catro series ambientadas en catro países diferentes. As catro series son Criminal: France, Criminal: Germany, Criminal: Spain e Criminal: UK. A serie foi ideada por George Kay e Jim Field Smith,[1] e foi producida pola súa empresa Idiotlamp Productions.[2] Malia que a produción é británica, cada unha das series foi escrita e interpretada na lingua do país e con actores do país,[3][4] aínda que todas as series foron rodadas na mesma localización en Madrid, España.[5] As catro series foron estreadas simultaneamente en setembro de 2019.[6] Unha segunda tempada de Criminal: UK, composta de catro episodios, foi estreada o 16 de setembro de 2020.[7]

Cada episodio é un drama psicolóxico que consiste nun interrogatorio por parte dun equipo de investigadores de policía. Cada episodio conta con só tres áreas diferentes nunha única localización: a sala de interrogatorio, a sala escura de observación e o corredor fóra das salas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Romano, Nick (4 de setembro de 2019). "Hayley Atwell, David Tennant face tense interrogation in Netflix's 'Criminal' teaser trailer". Entertainment Weekly (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  2. Creamer, Jon (28 de novembro de 2018). "George Kay, Jim Field Smith to showrun Netflix crime drama". www.televisual.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  3. "‘Criminal’: Netflix Sets Premiere Date For Nicholas Pinnock & Hayley Atwell Police Interrogation Drama". Deadline. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  4. "When is Criminal released on Netflix? Who’s in the cast and what’s it about?". Radio Times. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  5. 5,0 5,1 "Netflix’s interrogation drama Criminal is both an intriguing and claustrophobic experiment in intensity". The Independent (en inglés). 19 de outubro de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2019. 
  6. "When is Criminal released on Netflix? Who’s in the cast and what’s it about?". Radio Times (en inglés). Consultado o 13 de outubro de 2019. 
  7. Seddon, Dan (19 de agosto de 2020). "Line of Duty and Cheat-fronted Netflix show Criminal confirms season 2 return date". Digital Spy. Consultado o 20 de agosto de 2020.