Crátilo (Platón)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Crátilo, ou Da adecuación dos nomes, é unha obra escrita polo filósofo grego Platón cara o 385 a.C. Foi das primeiras obras filosóficas da Antiga Grecia en tratar materias etimolóxicas e lingüísticas. É o primeiro escrito no que Platón introduce a teoría das Ideas, contra a afirmación heracliteana do acontecer perpetuo.

Contido[editar | editar a fonte]

Consiste nun diálogo que comeza cunha invitación de Hermóxenes a que Sócrates participe na discusión entre este e Crátilo sobre a exactitude dos nomes.

Crátilo defende a idea dun valor obxectivo dos nomes argumentando que estes son exactos por natureza, polo que algúns non corresponden ás realidades que designan. Seguindo esta tese, existen palabras idóneas para realidades brandas, duras, líquidas etcétera. Na obra podemos destacar unha cita súa que confirma que defende esta tese: "O que coñece os nomes coñece tamén as cousas".

Polo contrario, Hermóxenes propón non ver neles máis que unha convención. Que a relación entre o nome e a realidade nomeada ven dada polo costume e a convención. Os nomes non expresan o estado ou a presenza das cousas polo que se poden substituír por outros se os que empregan a palabra nese contexto o aproban.

Sócrates non se mostra de acordo con ningunha das dúas propostas polo que durante a primeira metade do diálogo, realiza unha análise detallada dos elementos da linguaxe da que podemos salientar unha cita: "De feito, de tanto darlle voltas aos nomes a eito, non sería en absoluto de estrañar que a nosa lingua antiga, fronte á actual, non se diferenciara en nada da bárbara". Pero na segunda parte do diálogo matiza a tese de Crátilo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Huisman, Denis (2005). Tecnos, ed. Diccionario de las mil obras clave del pensamiento. Madrid. ISBN 84-309-4531-8. 
  • Platón (2003). Gredos, ed. Diálogos. Obra completa en 9 volúmenes. Volumen II: Gorgias. Menéxeno. Eutidemo. Menón. Crátilo. Madrid. ISBN 978-84-249-0887-4. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]