Saltar ao contido

Covade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCovade

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento269 Editar o valor en Wikidata
Scillium, Tunisia Editar o valor en Wikidata
Morte304 Editar o valor en Wikidata (34/35 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitación Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónDiácono, comerciante Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa25 de xullo Editar o valor en Wikidata

San Covade,[1] (en latín: Cucuphas) nado en Scillium, actual Tunisia en 269 e finado en Sant Cugat del Vallès en 304, foi un mártir cristián que morreu en Castrum Octavianum, lugar do actual mosteiro de Sant Cugat. É venerado como santo polo catolicismo.[2]

O seu día festivo é o 25 de xullo, mais nalgunhas zonas é celebrado o 27 de xullo para evitar conflito co importante día de Santiago, o patrón de Galicia. O seu nome podería ter orixe no fenicio, co significado "ao que lle gusta andar de brincadeira".[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo a tradición, entre lendas fiables e piadosas, naceu no norte de África, na cidade de Scillium preto de Cartago, onde historicamente houbo antes do século IV unha gran vitalidade cristiá. Outras hipóteses citan Cillium, na actual Tunisia como lugar de orixe.[4]

Contra finais do século III viaxou a Hispania en compaña de San Fiz, amigo, irmán ou familiar seu, o cal se afincou en Xirona, onde tamén sufriu martirio.[5]

Covade foi perseguido polo gobernador romano en tempos de Diocleciano por mor da súa fe, e sufriu toda clase de tormentos, mais conseguiu soportalos todos. Foi feito prisioneiro preto de Barcelona a oito millas romanas de camiño de Barcino a Egara (Terrasa). Finalmente foi degolado no ano 304.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Covade na Guía de nomes da RAG". academia.gal. Consultado o 29 de xuño de 2023. 
  2. Alós, Ernest (2020-08-25). "L'església amb més mala sort de Barcelona". El Periódico. 
  3. Santi, beati e testimoni - Dizionario dei nomi
  4. Marting, Judit. "La història de Sant Cugat màrtir Visit Sant Cugat Sant Cugat màrtir" (en catalán). Consultado o 2023-01-27. 
  5. Borelli, Antonio (13 de maio de 2013). "San Cucufate (Cugat)". Santi i beati (en italiano). Consultado o 2023-01-27. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]