Coturno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un coturno era un calzado grego de sola gorda que cobría parte da perna de maneira semellante a como facía o calceus.

O coturno empregábase especialmente na caza e nas actuación teatrais. Non tiña unha forma especial, de xeito que podía utilizarse indistintamente para os dous pes. Atábase con fitas vermellas. En Roma usouse no teatro. A musa Melpómene, unha das dúas musas do teatro, represéntase con coturnos.