Costumari Català
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2018.) |
Costumari Català | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Costumari Català |
Autor/a | Joan Amades |
Lingua | lingua catalá |
Tema(s) | Etnografía |
Data de pub. | 1952 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Costumari Català é a obra capital do folclorista catalán Joan Amades.[1] Leva como subtítulo El curs de l'any (en galego, O curso do ano). Considérase como a obra etnográfica de referencia para calquera cuestión relacionada coas tradicións e os costumes das terras de lingua catalá.[2][3]
Consta de cinco volumes ilustrados que ordenan os contidos seguindo o curso do ano, o paso das estacións. A primeira edición data de 1952, en cinco volumes, da Editorial Salvat. O 1982, as editoriais Salvat e Edicions 62, en colaboración, fixeron unha reedición en facsímile. Os cinco libros enchen máis de 5.000 páxinas.
Obxectivo, método e contido da obra
[editar | editar a fonte]O obxectivo do Costumari era recoller e deixar constancia escrita de todo aquilo que os cataláns facían impulsados pola tradición. Amades móvese impulsado por dúas razóns: o interese etnográfico, é dicir dos costumes en si mesmos, e a percepción de que o saber tradicional estaba ameazado.
Proponse, pois, facer unha ampla recompilación, incluíndo: crenzas, preocupacións, supersticións, refráns, cancións, danzas, xogos, documentos gráficos, costumes, fábulas, entre outros. É moi consciente de que indirectamente está a facer un importante traballo de compilación lexicográfica. Contou coa colaboración de Joan Tomàs e Parés, que o axudou especialmente na investigación de cancións e músicas populares en todo o territorio de fala catalá.
Amades utiliza dous tipos de fontes: as bibliográficas e a entrevista directa a persoas de todo tipo, idade, estamento e ocupación.
Os datos recolleitos estruturáronse en dous eixos moi diferenciados:
- Costumes colectivos, que se organizan seguindo o curso do ano. As estacións e os meses do ano serven para estruturar os volumes. Estes contidos son os que recolle a obra que nos ocupa, o Costumari Català.
- Costumes individuais, seguindo o curso da vida, do nacemento á morte. Estes contidos formarían parte dunha obra posterior, Folclore de Cataluña.
Joan Amades dedicou 35 anos á coordinación do Costumari, incluíndo a compilación de información, a redacción, a integración dos diferentes documentos e a estruturación no cinco volumes mencionados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Costumari català». L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Català.
- ↑ «Joan Amades i Gelats». L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ «Costumari Arquivado 10 de outubro de 2014 en Wayback Machine.». Web. Generalitat de Cataluña, 2012. [Consultado o:1 de xullo de 2013].
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- 1ª edición: Costumari Català. O curs de l'any. Barcelona. 1956
- 2ª edición en facsímile: 'Costumari Català. O curs de l'any. Salvat Editores i Edicions 62, Barcelona, 1983, ISBN 84-345-3673-0 (obra completa).