Corpus Christi de Ponteareas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corpus Christi de Ponteareas
Alfombra de flores en Ponteareas.
Localización Ponteareas, Galicia Galicia.
Anos 1857-
Nº edicións intederminado
Fundadores tradición popular
Data
Xénero relixoso
Organizador Concello de Ponteareas
Web oficial
Na rede

A festa do Corpus Christi celébrase con especial énfase na localidade pontevedresa de Ponteareas, sendo unhas das festas máis representativas do concello. A data da celebración é a fin de semana seguinte ao xoves do Corpus Christi. En 1980 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional, e en 2009 recibiu o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.

Durante as festas do Corpus, é característico a colocación de alfombras feitas con follas, flores e outros elementos naturais, recubrindo as principais e máis céntricas rúas da localidade. As alfombras permanecen intactas na súa confección, na madrugada do sábado, ata a procesión do domingo, que percorre todas as rúas decoradas con esta arte. Os preparativos para a confección destas comezan entre 30 e 40 días antes da celebración, e tradicionalmente eran realizadas polas mulleres da vila.[1]

A vila de Ponteareas está irmandada coa vila canaria de La Orotava (Tenerife), onde tamén se realizan alfombras semellantes que cobren as súas rúas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ponteareas virtual. (ed.). "Corpus Christi Ponteareas.". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]