Corpo nuclear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Corpo PML»)
ND10s en células de pulmón embrionarias humanas.
Patrón de tinguidura fluorescente de anticorpos sp100. Os corpos ou puntos nucleares poden verse no núcleo das células. Imaxe producida usando soro dun paciente con cirrose biliar primaria en células HEp-20-10 con FITC conxugado.

Os corpos nucleares, tamén chamados puntos nucleares (nuclear dots), dominios nucleares, corpos PML ou corpos nucleares PML, son estruturas puntiformes que se encontran no núcleo celular de certas células. Foron observados por primeira vez como estruturas intercromatínicas prominentes situadas no núcleo de células animais malignas ou hiperestimuladas[1][2] e identificadas usando autoanticorpos anti-sp100 de cirrose biliar primaria e posteriormente o factor da leucemia promielocítica (PML), pero parece tamén que están elevados en moitas doenzas autoinmunes e cancerosas.[3] Son metabolicamente estables e resistentes á dixestión nuclear e á extracción con sal.[4]

Estrutura[editar | editar a fonte]

Os corpos nucleares simples (clasificados como tipos I e II) e as cubertas dos corpos nucleares complexos (tipos III, IVa e V) constan dun material fibrilar non cromatínico, que é probablemente proteináceo.[5] Estes corpos nucleares co-illados coa matriz nuclear estaban ligados ao compoñente fibrogranular da matriz nuclear por medio de proxeccións que saían da superficie dos corpos nucleares.[5] Os principais compoñentes dos corpos nucleares son as proteínas do antíxeno nuclear sp100, a LYSP100 (un homólogo de sp100),[6] ISG20,[7] o antíxeno PML, a NDP55 e a proteína de 53kDa asociada coa matriz nuclear.[8] Outras proteínas, como PIC1/SUMO-1, que están asociadas co complexo do poro nuclear tamén o están cos corpos ou puntos nucleares.[9] As proteínas poden reorganizarse no núcleo, incrementando o seu número ou dispersión en resposta a diferentes estreses (estimulación ou shock térmico, respectivamente).[10]

Función[editar | editar a fonte]

Unha das proteínas dos corpos nucleares parece estar implicada en especificar rexións transcricionalmente activas.[11] A expresión dos antíxenos PML e sp100 responde aos interferóns. O sp100 parece ter propiedades transactivadoras transcricionais. A proteína PML suprime o crecemento e a transformación,[2] e inhibe especificamente a infección do virus da estomatite vesicular (VSV) (un rabdovirus) e o virus da gripe A,[12] pero non outros tipos de virus. A proteína similar á ubiquitina SUMO-1 é responsable da modificación da proteína PML para que esta quede destinada a ir aos corpos ou puntos nucleares,[13] mentres que a sobreexpresión de PML dá lugar a unha morte celular programada.[14]

Unha función hipotética destes corpos é ser un "vertedoiro nuclear" ou un "depósito de almacenamento". [15] Pode ser tamén que non todos os corpos nucleares realicen a mesma función. O sp140 asóciase con certos corpos e parece estar implicado na activación transcricional.[16]

Patoloxía[editar | editar a fonte]

  • Estes corpos, ou corpos similares, incrementan o seu número en casos de cancros linfoides[17][18] e no lupus eritematoso sistémico.[19]
  • Tamén se observan en elevado número en casos de panencefalite esclerosante subaguda, e neses casos os anticorpos para o sarampelo mostran expresión e localización nos corpos.[20]
  • Na leucemia promielocítica aguda (PML) a proteína quimera oncoxénica PML-RARalfa altera a concentración normal da proteína PML nos corpos nucleares. A adición de As2O3 e ácido retinoico causa a remisión desta leucemia ao desencadear a súa reorganización. O As2O3 destrúe a quimera, o que permite que a nova proteína PML ubiquitinada por SUMO-1 se relocalice nos corpos nucleares.[13] O ácido retinoico induce unha degradación de dita quimera mediada pola caspase-3.[21]
  • Nos herpesvirus humanos (HHV), o ICP0 altera os corpos ou puntos nucleares nos estados iniciais da infección.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Brasch K, Ochs RL (1992). "Nuclear bodies (NBs): a newly "rediscovered" organelle". Exp. Cell Res. 202 (2): 211–23. PMID 1397076. doi:10.1016/0014-4827(92)90068-J. 
  2. 2,0 2,1 Sternsdorf T, Grötzinger T, Jensen K, Will H (1997). "Nuclear dots: actors on many stages". Immunobiology 198 (1–3): 307–31. PMID 9442402. doi:10.1016/s0171-2985(97)80051-4. 
  3. Pawlotsky JM, Andre C, Metreau JM, Beaugrand M, Zafrani ES, Dhumeaux D (1992). "Multiple nuclear dots antinuclear antibodies are not specific for primary biliary cirrhosis". Hepatology 16 (1): 127–31. PMID 1319948. doi:10.1002/hep.1840160121. 
  4. Ascoli CA, Maul GG (1991). "Identification of a novel nuclear domain". J. Cell Biol. 112 (5): 785–95. PMC 2288866. PMID 1999457. doi:10.1083/jcb.112.5.785. 
  5. 5,0 5,1 Chaly N, Setterfield G, Kaplan JG, Brown DL (1983). "Nuclear bodies in mouse splenic lymphocytes: II - Cytochemistry and autoradiography during stimulation by concanavalin A". Biol. Cell 49 (1): 35–43. PMID 6199062. doi:10.1111/j.1768-322x.1984.tb00220.x. 
  6. Dent AL, Yewdell J, Puvion-Dutilleul F, Koken MH, de The H, Staudt LM (1996). "LYSP100-associated nuclear domains (LANDs): description of a new class of subnuclear structures and their relationship to PML nuclear bodies". Blood 88 (4): 1423–6. PMID 8695863. 
  7. Gongora C; David G; Pintard L; et al. (1997). "Molecular cloning of a new interferon-induced PML nuclear body-associated protein". J. Biol. Chem. 272 (31): 19457–63. PMID 9235947. doi:10.1074/jbc.272.31.19457. 
  8. Zuber M, Heyden TS, Lajous-Petter AM (1995). "A human autoantibody recognizing nuclear matrix-associated nuclear protein localized in dot structures". Biol. Cell 85 (1): 77–86. PMID 8882521. doi:10.1016/0248-4900(96)89129-5. 
  9. Sternsdorf T, Jensen K, Will H (1997). "Evidence for Covalent Modification of the Nuclear Dot–associated Proteins PML and Sp100 by PIC1/SUMO-1". J. Cell Biol. 139 (7): 1621–34. PMC 2132645. PMID 9412458. doi:10.1083/jcb.139.7.1621. 
  10. Maul GG, Yu E, Ishov AM, Epstein AL (1995). "Nuclear domain 10 (ND10) associated proteins are also present in nuclear bodies and redistribute to hundreds of nuclear sites after stress". J. Cell. Biochem. 59 (4): 498–513. PMID 8749719. doi:10.1002/jcb.240590410. 
  11. Xie K, Lambie EJ, Snyder M (1993). "Nuclear dot antigens may specify transcriptional domains in the nucleus". Mol. Cell. Biol. 13 (10): 6170–9. PMC 364676. PMID 8413218. 
  12. Chelbi-Alix MK, Quignon F, Pelicano L, Koken MH, de Thé H (1998). "Resistance to Virus Infection Conferred by the Interferon-Induced Promyelocytic Leukemia Protein". J. Virol. 72 (2): 1043–51. PMC 124576. PMID 9444998. 
  13. 13,0 13,1 Müller S, Matunis MJ, Dejean A (1998). "Conjugation with the ubiquitin-related modifier SUMO-1 regulates the partitioning of PML within the nucleus". EMBO J. 17 (1): 61–70. PMC 1170358. PMID 9427741. doi:10.1093/emboj/17.1.61. 
  14. Quignon F, De Bels F, Koken M, Feunteun J, Ameisen JC, de Thé H (1998). "PML induces a novel caspase-independent death process". Nat. Genet. 20 (3): 259–65. PMID 9806544. doi:10.1038/3068. 
  15. Maul GG (1998). "Nuclear domain 10, the site of DNA virus transcription and replication". BioEssays 20 (8): 660–7. PMID 9780840. doi:10.1002/(SICI)1521-1878(199808)20:8<660::AID-BIES9>3.0.CO;2-M. 
  16. Bloch DB, Chiche JD, Orth D, de la Monte SM, Rosenzweig A, Bloch KD (1999). "Structural and Functional Heterogeneity of Nuclear Bodies". Mol. Cell. Biol. 19 (6): 4423–30. PMC 104401. PMID 10330182. 
  17. Rivas C, Oliva H (1974). "Nuclear bodies in Hodgkin's disease". Pathologia Europaea 9 (4): 297–301. PMID 4457783. 
  18. Tani E, Ametani T (1975). "Nuclear characteristics of malignant lymphoma in the brain". Acta neuropathologica. Supplementum. Suppl 6: 167–71. PMID 168720. doi:10.1007/978-3-662-08456-4_28. 
  19. Jones JM, Martinez AJ, Joshi VV, McWilliams N (1975). "Systemic lupus erythematosus". Archives of pathology 99 (3): 152–7. PMID 164172. 
  20. Brown HR, Thormar H (1976). "Immunoperoxidase staining of simple nuclear bodies in sclerosing panencephalitis (SSPE) by antiserum to Measles nucleocapsids". Acta Neuropathol. 36 (3): 259–67. PMID 795259. doi:10.1007/BF00685370. 
  21. Nervi C; Ferrara FF; Fanelli M; et al. (1998). "Caspases mediate retinoic acid-induced degradation of the acute promyelocytic leukemia PML/RARalpha fusion protein". Blood 92 (7): 2244–51. PMID 9746761.