Coroa mural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coroa mural no brasón de Montevideo

Unha coroa mural (en latín corona muralis) era un premio ou distinción en forma de coroa de ouro que se lle daba ó soldado que escalaba primeiro o muro e colocaba o estandarte nunha cidade invadida.

Heráldica[editar | editar a fonte]

En heráldica a coroa mural é un adorno ou timbre en forma de coroa ou cerco de muros ou murallas, con ameas e torreóns. Os estados que trocaban do réxime monárquico ó republicano empregábana para substituír a coroa real nos escudos nacionais.