Corifeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

O corifeo (grego antigo, κορυφαῖος koryphaîos, testa) era no teatro da Antiga Grecia o líder do coro e ao intervir nas obras falaba por todo o resto do coro. Na comedia grega antiga mediaba nas loitas dialécticas (ἀγών, agṓn), entre o heroe e os seus adversarios.

A súa orixe estaba probablemente nas festas dionisiacas, cando o corifeo respondía ao grito do coro converténdose no protagonista do acto, posteriormente encarnou ao propio Dioniso, dialogando con outros participantes na procesión, converténdose no precedente do actor.