Corais hermatípicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Corais anhermatípicos»)
Acropora secale, un coral duro.

Denomínanse corais hermatípicos a aqueles antozoos que contribúen significativamente á construción dos arrecifes coralinos, mediante a achega de carbonato cálcico proveniente dos seus esqueletos.
Os corais anhermatípicos, pola contra, son aquelas especies de corais que non contribúen á construción de arrecifes.[1]

Concepto[editar | editar a fonte]

O termo hermatípico foi cuñado por Wells en 1933,[2] condicionando a súa definición de 'coral hermatípico' a aqueles corais que conteñen algas zooxantelas simbióticas.

Porén, esta xeneralización é errónea, e foi utilizada até hoxe en gran parte da bibliografía científica sobre os corais. De feito, asócianse os corais hermatípicos con aquelas especies que viven en augas superficiais, e que por tanto reciben a suficiente cantidade de luz solar para alimentar as zooxantelas que conviven nos tecidos dos seus pólipos coralinos. Pero existen especies coralinas de augas profundas, como Lophelia pertusa, que son importantes construtoras de arrecifes, ou especies de augas superficiais do xénero Tubastraea, que carecen de zooxantelas polo que son anhermatípicas.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O adxectivo hermatípico deriva dos termos do grego antigo ἒρμα hérma, "rocha", "escollo", "arrecife", e τυπτέιν typtéin, "modelar", "formar", co sufixo -ico, propio dos adxectivos.[3]

Antozoos hermatípicos[editar | editar a fonte]

Os corais hermatípicos son corais coloniais da subclase dos hexacoraliarios, orde das escleractinias ou escleractinios (os chamados corais duros) con esqueleto de carbonato cálcico que viven en mares tropicais, en augas temperadas (a máis de 8 °C) e ben iluminadas (a menos de 36 m de profundidade).[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Schuhmacher, H. & Zibrowius, H. (1985): '"What is hermatypic?". Coral reefs, 4 (1): 1-9.
  2. Wells, J. W. (1933): "Corals of the Cretaceous of the Atlantic and Gulf coastal plains and western interior of the United States". Bull. Am. Paleontol. 18: 85–288.
  3. hermatypic no Merriam-Webster Dictionary.
  4. Garrido, C. 1997, p. 105.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]