Copa Breogán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Copa Breogán é un torneo de fútbol gaélico de carácter amigable e que enfronta ao equipo galego de Fillos de Breogán (A Coruña) cos Nemo Rangers (Cork), o equipo con mellor palmarés de Irlanda.

Historio[editar | editar a fonte]

O torneo naceu no 2011 froito do acordo de colaboración entre os dous clubs realizado durante o mes de agosto dese mesmo ano durante a visita que os herculinos realizaron a Irlanda. A primeira edición celebrouse na cidade deportiva da Torre na Coruña o día 4 de setembro do 2011. Nesta primeira edición, o conxunto galego enfrontouse a un dos equipos filiais do Nemo Rangers, dada a enorme superioridade existente entre os dous equipos, mais ao final impuxéronse os irlandeses na recta final por un axustado 26-30, con 7 goles e 5 puntos para os galegos fronte aos 6 goles e 12 puntos dos irlandeses. Está previsto que a segunda edición da Copa Breogán sexa organizada polos Nemo Rangers en Cork no 2012, coa intención de alternar a sede cada ano.

O trofeo[editar | editar a fonte]

O trofeo consiste nunha Torre de Hércules de Sargadelos, que foi doada polo Instituto de Estudos Irlandeses Amergin na primeira edición.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Edición Ano Campión Subcampión Resultado
I 2011 Nemo Rangers Fillos de Breogán 30 (6-12) - 26 (7-05)

Notas[editar | editar a fonte]