Cookie Monster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cookie Monster (coñecido en Galicia coma Monstro das Galletas ou Triki a partir da versión en castelá do programa Sesame Street (Barrio Sésamo) emitido nos anos oitenta do século XX) é un monicreque do programa infantil Sesame Street.

O Cookie Monster é unha criatura azul, peluda e moi famenta. Come calquera cousa que atopa, mais o seu alimento preferido son as súas amadas galletas. A pesar disto, Cookie Monster é (así coma todos os monstros de Sesame Street) xentil e amigábel. Alén das galletas ou cookies, outra cousa que acostuma comer moito son letras grandes de xoguete, moi usadas no programa para ensinar o alfabeto aos cativos. Só se refire a si mesmo como "min". É o mellor amigo de Prairie Dawn (unha nena monicreque rosa).

As súas galletas favoritas son as de chocolate, seguidas polas de avea. O aniversario oficial do Cookie Monster é o 2 de novembro. Nun episodio revelou que o seu nome verdadeiro é Sid.

Aparece no filme Follow That Bird (1985) e tamén aparece nos especiais de Nadal: Christmas Eve on Sesame Street e A Muppet Family Christmas.

O Monstro das Galletas tamén fixo unha aparición especial, xunto con Epi e Blas (orixinalmente Ernie and Bert) na escena final do filme The Muppets Take Manhattan.

É un dos personaxes que aparece como imaxe do parque Port Aventura.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]