Conversa usuario:Xosé Manuel Figueiras

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Xosé Manuel Figueiras!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --AMPERIO 18:45, 7 de xaneiro de 2011 (UTC)


Ola, Xosé Manuel. Benvido á Galipedia. Quero chamar a túa atención sobre dous principios de funcionamento desta enciclopedia:
  • Na Galipedia só se poden publicar textos orixinais e cona licenza axeitada. Por iso marquei o teu artigo Clúster Librocomo posible violación de licenza de textos tomados doutras webs.
  • A Galipedia non é un medio de promoción. Isto dígocho porque a páxina de conversa é para conversar, de modo que tiven que desfacer a túa edición.

Para calquera dúbida sobre estes ou outros temas non dubides en contactar comigo na miña páxina de conversa. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:02, 7 de xaneiro de 2011 (UTC)

Es ti este Xosé Manuel Figueiras[1]--Cheluco 19:31, 7 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola, José Manuel. Recibín o teu correo electrónico, pero é mellor que nos comuniquemos a través das nosas páxinas de conversa. Disme que o teu artigo, xa borrado, era unha información sobre unha asociación, pero isto entra en conflito coa túa condición de General Manager da asociación en cuestión: iso é o que na Wikipedia se coñece como conflito de intereses. No relativo ó contido do artigo, debes saber que aquí non se permite o uso de contidos que fosen publicados baixo unha licencia diferente da licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 (CC-BY-SA) e a licenza de documentación libre de GNU (GFDL) (a lexislación española, en ausencia de calquera especificación, dá por suposto que unha publicación lle reserva ó autor todos os dereitos). Esta coincidencia de intereses e esta publicación de textos sen licenciar son cousas que non se deben facer na Wikipedia. Espero terche aclarado todas as túas dúbidas, para calquera cousa comunícate comigo na miña páxina de conversa, premendo na ligazón que hai entre parénteses despois da miña sinatura. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:00, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)