Conversa usuario:Xinelo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Benvido á Galipedia Xinelo. Toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Non obstante deberías coñecer antes o xeito de funcionamento da Galipedia antes de facer edicións que non son neutrais. Non é boa idea chegar de novo a un sitio como este, e non ter en conta o traballo de moitas personas que contribúen todos os días co seu esforzo a que este wiki saia adiante. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:23, 22 Xuñ 2005 (UTC)



Grazas Prevert (como o poeta?) polas boas vindas e pola oferta de axuda. Paréceme ben todo o que dis. Teño en conta o traballo de toda|os, de verdade valoro cada contribución e sei o que implica. Non pretendía botar por terra o traballo de ninguén, e creo que non borrei nada, só engadín. Pero teño unha dúbida, poderías explicarme quen e como decide que é neutral e que non? --xinelo 20:14, 22 Xuñ 2005 (UTC)



  • Antes de comezar coas respostas as túas preguntas dicirche que non se deben editar as mensaxes doutras persoas (representa manipular as súas palabras), pensa por un momento en como valorarías que nós comezásemos a editar as túas mensaxes. A continuación sobre o Moderador, non entra en discusións, polo tanto, paso eu a dicirche a razón da edición. Está en cambios recentes. Cando se desfai unha edición na versión actual do software non cabe a posibilidade de indicar as razóns, non obstante está escrito no rexistro de protección: "Wikipedia:Cousas que non se deben facer foi protexido: Protexo provisionalmente porque está é unha páxina de regras e normas da wikipedia e os cambios que se fagan nela deben ser aprobados pola comunidade". En canto a neutralidade e demais, para non repetirme poño unha páxina dunha discusión semellante: User talk:Além. Outra referencia importante é en:Wikipedia:Neutral point of view. Teño que insistir que as directrices desta wikipedia proceden da wikipedia orixinal e dos debates da propia comunidade da Galipedia. Non se trata de publicar artigos que satisfagan os puntos de vista dos colaboradores senón de crear contidos válidos para outros non condicionados polas propias opinións persoais. Modificar os artigos referidos ao galego unilateralmente -sen ter en conta á comunidade e nun mesmo sentido- indica claramente que o que se pretende é reflectir un punto de vista persoal e non buscar o beneficio da comunidade e dos lectores. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:13, 22 Xuñ 2005 (UTC)



Grazas pola resposta Prevert.

  • Grazas polo link en:Wikipedia:Neutral point of view, porque a páxina homóloga galega xa vira que non di moito). Entenderei máis cando o lea pero de momento entendo ademais que o que é neutral e o que non decídese nos debates da propia Galipedia, entendo que na Taberna. Supoño que é aí onde deberei dirixir os meus comentarios e críticas.
  • Non sei que é o que está en cambios recentes, aí non encontrei nada relevante á miña dúbida.
  • Non sei a que te refires con "non se deben editar as mensaxes doutras persoas", non es suficientemente explícita|o. Se te refires a un artigo, aí si que non entendo nada, porque precisamente esa é un trazo da Wikipedia: poder editar contribucións previas. Se te refires a unha discusión, tampouco sei cando fixen tal. Se te refires á páxina de normas, tampouco entendo: Se só é (ou debe ser) editábel por persoal autorizado, chega con retirar o link "edit" da vista dos usuarios normais...
  • Infelizmente aínda non entendín cal é o problema da miña edición, que é a dúbida que eu colocaba á moderadora: http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Cousas_que_non_se_deben_facer&diff=0&oldid=37438

Un saúdo, --xinelo 08:31, 23 Xuñ 2005 (UTC)



Reproduzo a seguir a miña mensaxe á moderadora:

Ola Moderador.

Se o lugar para esta mensaxe non é aquí agradecereiche que me digas onde é. O motivo da miña mensaxe é a edición dunha das "cousas que non se poden facer". A miña edición de

Esta Wikipedia é de lingua galega e grafía galega. Non intente mudar ou utilizar a grafía portuguesa, para iso está a Wikipedia portuguesa.

pretende atinxir maior precisión. O enunciado presente é parcialísimo, ao meu ver, porque identifica "grafía galega" con ortografía das normas oficiais. Iso é disfrazar a realidade porque grafías galegas son todas as usadas para escribir en galego, inclusive a portuguesa. A lingua é algo profundo, os grafemas son algo superficial, e qué lingua sexa a que se escribe non depende dos símbolos con que se fai.

Ao meu ver, a miña proposta é precisa e elimina esa asociación interesada da que falo. Serve para chamar ás cousas polo seu nome, o cal é xusto, e non fai referencia á Wikipedia en portugués como se fose a rúa para un fumador ou un alborotador ("se non queres deixar de molestar, daquela vaite").

Non entre en guerras lingüisticas. Esta Wikipedia está escrita en lingua galega conforme as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego elaboradas polo Instituto da Lingua Galega e sancionadas pola Real Academia Galega. Non intente mudar os textos escritos nesta norma ou escribir artigos utilizando outras normas ortográficas. En calquera caso, lembre que tamén pode contribuir na Wikipedia portuguesa.

En calquera caso, gustaríame saber o motivo do rechazo da miña edición. É posíbel?



  • Cando falo de editar as mensaxes doutras persoas refírome á primeira mensaxe que deixei nesta páxina (a edición é pequena, pero en todo caso é unha manipulación da miña mensaxe). Con respecto a edición da páxina Wikipedia:Cousas que non se deben facer, non pode ser editada máis que para corrixir erros. É unha páxina de normas da Galipedia e calquera variación desas páxinas require a aprobación da comunidade. En cambios recentes aparecen xunto co nome da páxina os motivos das edicións (sempre que o usuario os poña). Un último consello non é u bo modo de comezar no wiki tentar cambiar as directrices desde o primeiro momento, é mellor facer colaboracións valiosas para a comunidade durante un tempo e logo expoñer as ideas sobre o que se pode cambiar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:29, 23 Xuñ 2005 (UTC) Esquecíame as respostas deixanse na páxina do usuario, no meu caso podes premer en talk e xa está. Saúdos. --Prevert(talk) 16:30, 23 Xuñ 2005 (UTC)



Ok, entendín. A verdade é que nin me lembraba, engadín as aspas só para marcar na túa mensaxe a qué se refería a miña pregunta concretamente. Síntoo, non volverá a suceder. Entendo tamén por que non se poden facer mudanzas substanciais na páxina das normas. Grazas pola explicación.

Só un comentario. Estou de acordo que o primeiro que cómpre facer ao ser novo é observar e aprender, e máis tarde propor. Porén, na verdade xa hai tempo que son usuario e colaborador da Wikipedia, só que agora decidín crear rexistro e me pór nome porque tamén estou facendo máis contribucións e non só consultas. O motivo de tentar mellorar as directrices é que ignoraba que a súa edición estaba sometida a un control máis rigoroso que un artigo normal, pensaba que eran cousa de toda|os a|os usuaria|os igual que o resto da Wikipedia.

De novo grazas polos consellos e pido disculpas polas miñas pequenas violacións.

--xinelo 18:06, 23 Xuñ 2005 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:46 (UTC)