Conversa usuario:Serghinho

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Serghinho. Sempre apreciamos a chegada de novos colaboradores que axuden a mellorar en cantidade de artigos e calidade dos mesmos este proxecto. No caso do artigo Andreu Buenafuente substituín a imaxe que cargaches, que non incluía licenza, por unha imaxe libre de dereitos. Aquelas imaxes que non sexan feitas polo propio colaborador ou procedan dunha fonte que manifeste expresamente que poden usarse libremente (incluindo uso comercial e obras derivadas) non poden cargarse na Wikipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:56, 18 xuño 2006 (UTC)