Conversa usuario:Santy1789

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Borrado do artigo[editar a fonte]

Ola, Santy. Acabo de borra-lo artigo Producción primaria por varias razóns. Por un lado, o título é erróneo (produción, non *producción). Por outro, polos erros gráficos e gramaticais no texto, que indican que non se repasou antes de gardar. Pero, sobre todo, porque o contido non se correspondía ó título dado que te centras no aspecto ecolóxico da produción primaria, esquecendo outros aspectos máis usuais do termo. Se queres volver sobre o artigo ten presentes estas observacións, e se se trata dun texto no que estás traballando e, polo tanto, consideras aínda incompleto, márcao cun "en uso" ou "en progreso". Espero que me entendas e, por suposto, calquera dúbida que teñas, non deixes de comentala comigo ou co usuario que queiras. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:10, 23 novembro 2008 (UTC)

Novos artigos[editar a fonte]

Ola Santy 1789:

Se consultas a páxina Usuario:IES Mendiño, alí atoparas en vermello as palabras que precisas diante do teu nome de usuario. Premendo no termo en cuestión xa podes comezar o artigo. Nesta mesma páxina tamén tes un creador de artigos que te pode ser útil para comezar. Se tes dúbidas aquí estou Conversa usuario:Calrosfking Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 12:49, 21 decembro 2008 (UTC)

Páxina de Usuario[editar a fonte]

Santy, debes borrar o que escribiches na túa páxina de usuario es transladalo a un artículo, xa que as páxinas de usuario están reservadas as autobiografías sobre ti en relación coa Wikipedia. Espero que este mensaxe non te enface e desexoche un bo artigo. Pontevedra78 11:47, 23 febreiro 2009 (UTC)

  • Reitero o dito por Pontevedra78, as páxinas de conversa non son para escribir artigos. Pásao á páxina do artigo propiamente dita e traballa alí. Se queres tamén podes usar a zona de probas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:53, 23 febreiro 2009 (UTC)
    • Santy, creo que te estás a pasar un pouco, xa que, fai un rato dixemosche Toliño máis eu, que a páxina de usuario non é unha páxina para facer artigos nin para facer probas, senón, fai o seguinte:


Paso por paso[editar a fonte]

Para crear un artigo, debes escribir en procura, o nome do teu artigo (px:"Rio de Carbón), acto seguido, vaiche decir que non existe ese artigo e que o podes crear, daslle a crear (por exemplo, a información que escribiches na túa páxina de usuario ou, como xa utilizamos moitos, "PU", daslle a editar e copias o código wiki e pégalo no artigo), e ahí, escribes os datos que teñas, tamén, podes crear un novo apartado, facendoo así: =Pos un só guión a cada lado do título para algo con reelevancia=, ==Dous para título de media reelevancia==, e ===Pos tres para escasa relevancia===. Ti, podes crear subpáxinas de usuario deste modo: Usuario:Santy1789/A Subpáxina. Así mesmo, toda a información, imaxes, sons, etc; debe estar baixo GNU, GPL, libre de dereitos ou ser ti o propietario, ou no caso de que non, estar autorizado; todo o que vaia en contra das normas da Wikimedia sobre propiedade, será eliminado inmediatamente. Espero que esta miniguia che servise de proveito, e, espero que, teñamos unha boa relación dende hoxe, o día do teu rexistro. Para todo o que queiras {{SUBST:Usuario:Pontevedra78/Sinatura}} 19:57, 23 febreiro 2009 (UTC).

Santy, debese seguir o mesmo procedemento, escribes o nome do artigo no procurador, e crealo, antes debes asegurarte de que ese artigo todavía non existe. E, xa que estou, douche un conselliño, sobre a firma:

  • Creas unha páxina chamada Usuario:Santy1789/Sinatura, alí, pos este código: [[Usuario:Santy1789|(O nome que queiras para a ligazón a túa User Page)]] ([[Conversa Usuario:Santy1789|(Ligazón a túa Conversa)]]) e o personalizas como queiras, despois, nas túas preferencias, pos isto: {{SUBST:Usuario:Santy1789/Sinatura}} e confirmas a casela que pon Sinatura tal e como está, sen ligazón automática.. E xa esta. Espero serviche de axuda e para o que queiras. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 19:14, 24 febreiro 2009 (UTC)

Wikiversity[editar a fonte]

Por favor, queres colaborar co galego e con Wikimedia para lanzar a Wikiversity en galego?, ti, so dimo, e eu, poreina en marcha. Espero a túa aceptación rápida. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 22:50, 24 febreiro 2009 (UTC)


Carbonífero[editar a fonte]

Ola Santy, antes de poñerte a colaborar na wiki é moi importante que te fixes onde e como fas a túas edicións. Escribiches o teu artigo "carbonífero" na túa páxina persoal e ese non é o lugar axeitado, tes que crear unha páxina nova para un artigo novo (e comprobar se ese artigo non existe previamente). Eu xa me encarguei de trasladar o contido do que escribiches que agora podes atopar en Carbonífero. Antes de facer cambios que sexan "definitivos" preme o botón "mostrar vista previa" para ver como vai quedar o artigo antes de lanzar os cambios a rede. Segue a colaborares connosco pero tenta de facer as cousas cun pouco máis de tino para que así outras persoas non teñan que gastar o seu tempo en arranxar o que non deixaches ben feito. Os erros os cometemos todos (eu o primeiro) máis temos que facer un esforzo para que sexan os menos posibles. Un saúdo--Calrosfking (FÁLAME) 19:01, 28 febreiro 2009 (UTC)

Central nuclear[editar a fonte]

Bos días, Santy. Púxenlle unha marca de atención no artigo Central nuclear para que quede categorizado así e poidamos estar pendentes del. Ti segue traballando nel tranquilamente e cando creas que estea rematado ponme unha mensaxe, por favor; naturalmente, se tes calquera dúbida non deixes de preguntar. Non esquezas indica-las fontes de onde quíte-la información. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:24, 9 abril 2009 (UTC)

  • Non te preocupes nin tes por qué pedir disculpas. Tranquilo, Santy. Todos cometimos, máis ou menos, os mesmos erros e fumos aprendendo co tempo, como tamén farás ti. Entende que esteamos un pouco pesaditos cos novos usuarios, comprobando o que fan, para corrixir eses posibles erros, pero non vexas animadversión ningunha nin che pareza mal. Pregunta canto queiras e segue mellorando o artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:36, 9 abril 2009 (UTC)
    • Perdoa pero non vin ata agora mesmo a mensaxe do día 9. Canto á primeira pregunta, non se deben borra-las mensaxes recibidas porque forman parte do historial do artigo. As conversas, cos argumentos e explicacións que conteñen, achegan información ás veces valiosas sobre o propio artigo. Canto ás imaxes, non te cortes en engadi-las que creas que poden enriquece-lo texto, tendo en conta, iso si, os aspectos de dereitos de autor, uso público e todo iso; mirarei o que subes por se hai algún problema. E canto a indicar de onde quitas a información hai dous métodos: como nota a rodapé ou como referencias ó final do texto. Para isto último tes que inseri-la sección "véxase tamén" (colocas o cursor ó final do artigo e fas clic nesa icona que hai sobre esta mesma ventá de edición que semella un ollo mirando á dereita). Escríbense dúas seccións: Notas e Véxase tamén; e nesta segunda tes Bibliografía, Outros artigos e Ligazóns externas. Escribes a fonte da túa información onde corresponda. Un último detalle: asina as túas mensaxes pulsando nese botón que semella unha sinatura (o cuarto contando desde a dereita da barra). Ánimo e segue, que vas moi ben. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:06, 10 abril 2009 (UTC)