Conversa usuario:Piquito/Forno

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terceira de Górecki[editar a fonte]

Texto eliminado da versión en lingua inglesa:

Está formado por tres seccións temáticas: ábrese cun canon, baseado nun tema de vintecatro compases que se repite varias veces. O canon comeza a dúas partes; logo, en cada repetición do tema engádese unha parte máis ata que o canon está en oito partes (coas dúas partes superiores dobradas á oitava, facendo un total de dez voces), empregando unha melodía de 24 compases no modo eólico de mi. Comeza cos contrabaixos, segunda parte, aos que se une unha nova entrada cada 25 compases unha quinta diatónica superior á última. Isto significa que cada aparición da melodía nunha nova parte está nun modo diferente, nesta orde:

  1. Eólico de mi (contrabaixos, 2ª parte)
  2. Frixio de si (contrabaixos, 1ª parte)
  3. Locrio de fa♯ (violonchelos, 2ª parte)
  4. Lidio de (violonchelos, 1ª parte)
  5. Xónico de sol (violas, 2ª parte)
  6. Mixolidio de re (violas, 1ª parte)
  7. Dórico de la (II violíns, 2ª parte)
  8. Eólico de mi (I violíns, 2ª parte)

Logo de tocar o canon a oito partes, este repítese, coas primeiras partes dos violíns I e II (en silencio ata ese momento) dobrando ás outras partes de violíns unha oitava superior.

Despois disto, o canon continua, mais as voces caen gradualmente unha a unha, dende a máis grave superior e a máis aguda inferior; os instrumentos en cuestión entón dobran, unha voz superior ou inferior que aínda está a ser tocada, nesta orde ('→' significa 'dobra/toca a parte de'):

  1. Contrabaixos: 2ª parte (mi eólico inferior) → 1ª parte (si frixio) [o canon redúcese a 7 voces]
  2. Violín I: 1ª parte (mi eólico superior) → 2ª parte (mi agudo eólico)
  3. Contrabaixos (si frixio) → Violonchelos, 2ª parte (fa♯ locrio)
  4. Violonchelos: 2ª part (fa♯ Locrian) → 1ª parte ( lidio) [o canon redúcese a 6 voces]
  5. Violíns II: 1ª part (la dórico superior) → 2ª parte (la dórico)
  6. Contrabaixos (fa♯ locrio) → Violonchelos ( lidio)
  7. Violonchelos ( lidio) → Violas, 2ª parte (sol xónico)
  8. Violíns II (la dórico) → Violas, 1ª parte (re mixolidio)
  9. Violíns I (mi eólico agudo) → 2ª violíns (la dórico) [o canon redúcese a 4 voces]
  10. Contrabaixos en silencio
  11. Violíns I (la dórico) → 2ª violíns + violas, 1ª parta (re mixolidio) [o canon redúcese a 2 voces]

O canon finaliza, con todas as cordas (agás os contrabaixos) finalizando nunha soa nota, mi4.

A soprano entra na mesma nota na segunda sección e crea un clímax na última palabra, neste punto as cordas entran con forza co clímax do canon inicial. A terceira sección do movemento (Lento—Cantabile semplice) é un longo desenlace, outro canon baseado na mesma melodía do inicio do canon another canon based on the same melody in the opening canon; mais desta vez comeza con oito partes (a superior dobrada en oitavas), e as voces caen dende a superior á inferior:

  1. Violíns I: 1ª parte (mi eólico superior) → 2ª parte (mi eólico agudo)
  2. Violíns II: 1ª parte (la dórico superior) → 2ª parte (la dórico)
  3. Violíns I sosteñen unha pedal de mi5
  4. Violíns II sosteñen unha pedal de mi4 mentres os violíns I siléncianse
  5. Violas: 1ª parte (re mixolidio) → 2ª parte (sol xónico)
  6. Violas sosteñen unha pedal de mi3 mentres os violíns II siléncianse
  7. Violonchelos: 1ª parte ( lidio) → 2ª parte (fa♯ locrio)
  8. Violonchelos sosteñen unha pedal de mi2 mentres as violoas siléncianse
  9. Contrabaixos: 1ª parte (si frixio) → 2ª parte (melodía en mi eólico grave)

O movemento finaliza así coas cordas inferiores, e o piano (lembrando brevemente a segunda sección do movemento).