Saltar ao contido

Conversa usuario:Paguiar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvid@ á Galipedia.Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa non dubides en preguntar, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 17:36, 28 marzo 2006 (UTC)

Outra Benvida

[editar a fonte]
Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (faiz
click no penúltimo botón da barra que
está encima de la caja de edición, o que
ten unha sinatura como debujo).

Benvido á Galipedia Paguiar: esta é a túa páxina de discusión, que che servirá para recibir mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses, etc. Grazas por colaborar connosco, a túa axuda é especialmente importante. Non dubides en contactar comigo para calquera cousa que desexes: estou á túa disposición.
A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe

  • Wikisource para textos orixinais,
  • o Galizionario para entradas de dicionario,
  • Galicitas para citas textuais e
  • Galilibros para a publicación de libros.
  • Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—.

Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:55, 15 setembro 2006 (UTC)

Ola Paguiar!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima de la caja de edición, o que
ten unha sinatura como debujo).

Ola Paguiar. Grazas polas fotos que estás subindo. Pero fáltanlles datos e teñen, por esa ausencia de datos que seren marcadas para borrar. O dato preciso do que carecen é a orixe (cal é a orixe da foto?). Se fosen feitas por ti, debes editalas e pór eu son o autor. A continuación colócoche un texto que acostumo a poñer nestes casos e que ten máis información (podes acceder ás túas fotos aquí).

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

A licenza

[editar a fonte]

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos (se incorporas os datos podes eliminar as marcas de borrado). Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source.
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres parénteses (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Galipedia. A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ver a licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.
Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se pode subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 800.000 fotos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia, pero por desgraza aínda temos poucas fotos dos concellos galegos.

¿Como incorporar os datos ás imaxes?

[editar a fonte]

¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así no tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, hai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda la página

Conta comigo para o que necesites. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 10:21, 7 outubro 2006 (UTC)

A esta foto tamén lle falta a licenza. Se é realizada por ti, poderías engadir os segintes datos, cumprimentando o que está en verde,e borrar as etiquetas de borrado que lle coloquei:

{| id="toc" style="margin: 0em 0em 0em 0em; "
|[[Image:Copyleft symbol.png|20px]] - '''http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:Pobo3.jpg (os espazos escríbense con _ )
:Orixe/''Source'': feita por min (self made)
:Autor/''Author'': http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Paguiar
:Copyright: Cc-by-sa-2.1-es
:Publicada por/''Publish by'':http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Paguiar
:Data/''Date'':engade a data
:Outros datos/''Other data'': Foto do meu pobo
|}
{{PD-propia}}

Grazas pola túa colaboración e as túas contribucións. Non dubides en contactar comigo cando desexes --Lmbuga Commons - Galipedia 10:37, 7 outubro 2006 (UTC)

[editar a fonte]
Aviso A imaxe Image:Monografico.jpg foi borrada por violación dos dereitos de autor

Grazas por colaborar subindo imaxes. A imaxe Image:Monografico.jpg foi borrada por ser unha violación dos dereitos de autor. Por favor, revisa a Política de uso de imaxes para máis información sobre o uso e carga de imaxes na Wikipedia.

As revistas e, especialmente as portadas, teñen copyright. Para máis información, relé a mensaxe que che deixei sobre as imaxes (licenza e orixe) anteriormente. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:15, 23 novembro 2006 (UTC)


Síntoo, houbo que transformar o artigo. O artigo que compuxeches literariamente era fermoso, pero dende unha perspectiva enciclopédica presentaba múltiplos erros.

Debes procurarmanter un punto de vista neutral e non facer propaganda. As valoracións persoais e as referencias do editor a si mesmo non caben nunha enciclopedia. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 16:17, 24 novembro 2006 (UTC)

A imaxe segue sen cumprir as condicións necesarias para se manter na Wikipedia. Indicas que ti fuches o creador da mesma, pero as portadas das revistas teñen copyright (e teñen logos con copyright). A demostración de que é así tela na legislación internacional sobre dereitos de autor, poi segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright.

En conclusión, se na revista non se indica expresamente a licenza con que esa imaxe está no Dominio público, pode haber que borrala.

Poderíase manter a imaxe se consegues unha autorización da revista e segues os pasos indicados en Commons:OTRS. O proceso é o que segue:

  1. Convén que leas Commons:OTRS
  2. Consegue que che envíen da revista unha autorización por correo electrónico que presente os datos expresos neste modelo de autorización (nesta ligazón está en galego).
  3. Reenvía a autorización que recibas a mailto:permissions@wikimedia.org .

En caso de que acades unha autorización neses termos, a imaxe poderase manter. Se non me comunicas que inicias o proceso para acadar a autorización a imaxe será borrada. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:43, 24 novembro 2006 (UTC)

Vexo que intentaches amañar o problema coa imaxe. Non o diches feito.

Editaches a imaxe e escribiches {{O autor son eu|7-10-2006}} {{Pública}} En vez diso debes escribir (non edites esta páxina para copialo, xa cho deixo para que o copies de aquí tal como está) Orixe: O autor son eu</br> Data:7-10-2006</br> {{PD-propia}} (Isto sempre e cando eu entendese ben e desexes que esta imaxe estea con esa licenza)

Para facer as cousas perfectas poderíase pegar o código que che deixei na mensaxe anterior en vez de escribir o que che acabo de dicir nos datos da imaxe. Podía facelo eu se non fose que hai unha contradición. Na liña que empeza :Copyright indicas unha licenza Cc-by-sa-2.1-es en vez de PD-propia, pois o copyright da imaxe é {{PD-propia}}. Esas dúas licenzas son incompatibles.

Se desexas que substitúa Cc-by-sa-2.1-es por PD-propia e eu mesmo incorpore os datos, faimo saber (accedes á miña páxina de discusión premendo na palabra Galipedia da miña sinatura). Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:34, 24 novembro 2006 (UTC)

Image:Pobo3.jpg Completada a información

[editar a fonte]

Completei os datos da imaxe. Se premes sobre o título desta mensaxe, accederás á imaxe. Se despois premes na pestana editar, verás como o xeito de escribir a información. Agora está correcta. Coloquei licenza {{PD-propia}} porque ti puxeches {{pública}}, espero que sexa correcto.

Sobre a foto da portada da revista reNOVA GALIZA, vou pensar se hai algunha alternativa ademais da que se me ocorre. Responderei máis tarde. A alternativa que se me ocorre (comentada en Commons:OTRS) é laboriosa. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 20:10, 2 decembro 2006 (UTC)

20.000 artigos

[editar a fonte]

Ola Paguiar. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:44, 6 decembro 2006 (UTC)


Warning sign
Esta imaxe, salvo que se lle engadan os datos requiridos,
vai ser borrada no prazo dunha semana.
Image:Monografico.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Monografico.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia procedentes de páxinas web teñen que ter unha licenza e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta.

Na orixe (páxina da que procede a imaxe) debe indicarse con exactitude a licenza con que a imaxe debe ser compartida na Galipedia. En caso contrario a imaxe será borrada.

Agradecémosche que indiques nos datos da imaxe o lugar preciso da páxina de orixe en que se fai mención exacta da licenza con que a imaxe se comparte na Galipedia. Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Nota: A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público, permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial e indiquen a licenza con que poden ser compartidas.


--Lmbuga Commons - Galipedia 14:28, 20 outubro 2008 (UTC)