Conversa usuario:Pablofc4~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Benvido á Galipedia Pablofc4, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Sobre o logo da TVG dicir que non soemos publicar imaxes formato gif no web por unha cuestión de patentes (aínda que algunhas delas caducaron), os formatos preferidos son png e jpg. Outra cuestión paralela é que é unha imaxe con copyright e pode supoñer problemas a súa publicación (só cumplindo certas condicións poden publicarse). Este é un tema pendente de discusión neste wiki (o de cales imaxes con copyright aceptamos) pero en todo caso as imaxes deben estar perfectamente identificadas (na súa páxina de descrición) para coñecer a súa licenza (Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe e Wikipedia:Política de uso de imaxes). Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:49, 27 Xuñ 2005 (UTC)
  • Benvido, considerate coma na túa casa, lembra que, cando poidas, facer a túa paxina de usuario, para que os demaís saiban que proxectos tes para este proxecto. saudos --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 20:49, 27 Xuñ 2005 (UTC)

Imaxe, falta información de Image:Riazor.jpg[editar a fonte]

Warning sign Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuir a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:Riazor.jpg , Image:DSCF0285.JPG cómpre incluir, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluir a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe.

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluir a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Lmbuga Commons - Galipedia 23:00, 31 maio 2006 (UTC)

Borrado de imaxes[editar a fonte]

  • As imaxes anteriores, ante a falta de resposta, foron borradas. Estou á túa disposición se queres volvelas subir cos datos pertinentes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 20:33, 27 xuño 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Pablofc4. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:45, 6 decembro 2006 (UTC)

Ola Pablo. Grazas pola túa colaboración e por subires excelentes imaxes coma esta. Así a todo, hai dous pequeniños problemas . Son doados de solucionar nas próximas imaxes que poidas subir (cousa que se teñen esta calidade, desde logo que che agradecería).

  • 1º. Os nomes das imaxes deben ser descritivos, facilitar minimamente o tema da foto.
  • 2º. É evidente para min que a imaxe é túa, pero é obrigado poñer na descrición autoría propia (ou eu son o autor, self made, own work,...).

O ideal para imaxes realizadas por ti sería que no campo que pon, cando sobes ou editas unha imaxe, descrición puxeses, se a imaxe é da túa autoría, o seguinte (substituíndo o que está en verde):


{{Information |Description=breve descrición da imaxe
|Source= feita por min (self made)
|Date=engade a data
|Author= http://gl.wikipedia.org/wiki/User:Pablofc4
|Permission= Cc-by-sa-2.5-es
|other_versions=
}}
{{Cc-by-sa-2.5-es}}

Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:55, 14 agosto 2007 (UTC)

Orixe descoñecida[editar a fonte]

Perigo
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:DSCF5039.JPG

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:DSCF5039.JPG', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes



Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 18:41, 7 xaneiro 2008 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)