Conversa usuario:Maray Mara

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boas noites, Maray Mara, e benvido/a á Galipedia. A respeito do artigo Animais Soltos, a proposta de borrado débese a que o artigo ten a apariencia de que fora creado con fins de promoción; é a única actividade na wiki do seu creador, e o mesmo acontece cos artigos nas versións en inglés e castelán. A maiores, contén texto subxetivo, isto é, con valoracións persoais, que non teñen cabida nunha enciclopedia, e á vez fan supoñer que o autor ou a autora do mesmo ten relación co grupo cómico. Cando se dan estas circunstancias, a política da Galipedia ata o dagora é optar pola supresión. Se o grupo acada relevancia dabondo, haberá outra persoa non implicada que se encargará de redactar o seu correspondente artigo.

Se non estás dacordo, por favor deixa un comentario na páxina na que se está a discutir o borrado. Saúdos --Iago dime 20:59, 25 maio 2009 (UTC)

  • Maray, procedo ao borrado do artigo Animais soltos polas razóns expostas na súa proposta de borrado:
  • A redacción semella unha clara propaganda do grupo, á vez que se crea nas wikis española e inglesa.
  • O texto, xa breve en por si, contén afirmacións non enciclopedicas: Afirmar que "Eles caracterízanse por expresar as súas propias experiencias vividas ou relatos imaxinarios a través dun humor sátiro e picaresco", non deixa de ser a oipnión persoal do periodista, e non cómpre nun texto enciclopédico.
  • A única referencia que se podería admitir sería a do http://diariolatorre.es/, que non semella obxectiva senón, pola redacción dos textos, laudatoria. A wiki española (nin ningunha outra) pode considerarse como referencia. A web ou blog do grupo, tampouco, ó ser parte intersada.
  • Os apoios a mante-lo artigo proceden de usuarios novos que semellan creados a tal fin. Conta oubiña mesmo admite que "descoñece o caso".
  • O título, en galego, sería incorrecto, ó ser un grupo de Málaga co nome en castelán.

En fin. Dálles tempo a facerse famosos e coñecidos e, daquela, crearemos o artigo con fontes e contidos. Mentres tanto, benvida á Galipedia e a colaborar con nós. Confío en que comprendas esta actuación (aínda que supoño que non che gustará) e os criterios que segue e Galipedia. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:20, 25 maio 2009 (UTC)