Conversa usuario:Kamakic/Consideracións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Consideracións, problemas e valoracións forman parte dun espazo persoal que non van pasar á páxina de conversa cando se mova o artigo. Calquera pode engadir algo que axude a mellorar o artigo


Awjilah[editar a fonte]

Concretamente o que di a UNESCO é que se fala no oasis de Awjilah e tamén en Cirenaica, o que é claramente un erro o oasis de Awjilah xa está en Cirenaica, sería algo así como dicir que o aranés se fala no Val de Arán e tamén en Lleida.
O problema coas linguas pequenas e sen estudos sociolingüísticos é que ás veces os datos son contraditorios e moitas veces dificilmente verificables, hai que fiarse dos 3000 falantes que dá o Ethnologue simplemente por que non hai outra referencia, pero hai que ter en conta que eses datos non se sabe de onde saen e si na versión actual figura con 3000 falantes (datos de 2000) na versión de 2000 daba 2000 falantes con datos de 1993 e nos comentarios engadía The language may be extinct, contradicíndose ao afirmar que as mulleres eran monolingües. Podería ser que esas cifras sexan realmente dos awjilah como pobo, non dos falantes, pero iso non teño forma de comprobalo.
Que é o awjilah? unha lingua ou unha variedade da lingua bérber, o Ethnologue considérao sen discusión unha lingua, claro que tamén considera os dialectos árabes linguas, pero como hai centos de referencias que consideran ao árabe exipcio, magrebí, iemení, libanés ou omaní dialectos da lingua árabe e non linguas de seu, normalmente non se seguen os criterios do Ethnologue, no caso do bérber é máis complexo, o bérber perdeu a súa tradición escrita e non se deu un proceso de creación dunha norma estándar común aínda así por riba diso as diferenzas entre as variedades son pese á distancia relativamente pequenas e a filoloxía bereberófona fala da mesma lingua, e en todo caso só algunhas variedades periféricas, como podería ser o caso do awjilah, serían o suficientemente diferentes como para se considerar lingua, é interesante este artigo para comprender un pouco a situación [1]
E en fin, as políticas de arabización efectuadas en Libia non favorecen a visibilidade das falas bérberes no país. [2]

Sokna[editar a fonte]

  • Tasuknit

As consideracións son semellantes que para o awjilah pero queda a dúbida de onde se fala exactamente, o Ethnologue tan só menciona que se fala na Tripolitania polo que se pode pensar que están esparexidos por tada a rexión, nada máis lonxe da realidade, hai que procurar en fontes antigas para comprobar que só se fala en Sokna e que as poboación veciñas non entendían a fala.