Conversa usuario:Jpereira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Jpereira. Grazas por unirte a nós e grazas por cargar imaxes na Galipedia. Para nós resulta moi valioso dispor de imaxes que permitan ilustrar todos e cada un dos artigos desta enciclopedia. Vou corrixir as táboas das imaxes porque deben ir na páxina de descrición da imaxe e non no propio artigo. En Wikipedia:Como engadir imaxes hai algunhas instrucións sobre como inserir imaxes nas páxinas. En canto a Campolameiro se fora posible introduce un pequeno texto porque os artigos non poden conter exclusivamente imaxes, excepto no caso das páxinas chamadas Galeria de imaxes de Nome_do_Concello. Agradezoche novamente as túas edicións na Galipedia e confio que permanezas moito tempo connosco. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:40, 3 xuño 2006 (UTC)

  • Grazas pola confirmación e pola colaboración. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:27, 4 xuño 2006 (UTC)

Foto de La excepción[editar a fonte]

Hola! Gracias por la buena foto de La excepción para su artículo, tiene mucha calidad y siempre es de agradecer. Sólo le veo una pega, y es que falta La Dako Stayl. ¿No tienes una foto de él y que se pueda añadir? Un saludo! -- Steve-o 10:40 17 mar 2007 (CET)

Re-benvida[editar a fonte]

Moitas grazas por volver cargar imaxes na Galipedia, ten moito valor para nós. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:36, 20 marzo 2007 (UTC)

Imaxe da semana destacada en Portada[editar a fonte]

A imaxe Image:Boteiro vilarinho couso.jpg da que eres autor foi elixida imaxe de Portada da semana 19 deste ano, moitas grazas pola túa contribución cargando imaxes sobre Galicia na Galipedia. Ese traballo ten un gran valor para este proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:35, 31 maio 2007 (UTC)

Queria propor Image:Rapa das bestas sabucedo 9 jpereira.jpg como destacada da semana, mais falta-lle a información sobre a licenza (igual que a Image:Rapa das bestas sabucedo 11 jpereira.jpg). Supoño que quererás licenzá-las o mesmo que Image:Rapa das bestas sabucedo 1 jpereira.jpg e Image:Rapa das bestas sabucedo 5 jpereira.jpg). En canto o explicites, propoño-a. Un saúdo. --Xosé (✉) 17:03, 8 xullo 2007 (UTC)

Xa solucionei o tema da licenza. Moitas Grazas, faltame algo de experiencia co proceso de publicación --jpereira 01:06, 9 xullo 2007 (UTC)

  • Non vin que fixeras os cambios até hoxe. Para deixar unha mensaxe te-lo que facer na miña páxina de discusión: asi, cando eu me conecto aparece-me un aviso de que alguén me deixou unha mensaxe - se non, pode pasar tempo e non me dou conta. Para isto, fai clic no que aparece depois do nome de usuario (no meu caso, un sobre, outros colaboradores poñen outras cousas), e escrebe-me na miña páxina. Un saúdo. --Xosé (✉) 12:57, 16 xullo 2007 (UTC)

O Corpiño. Desculpas[editar a fonte]

Desculpa porque fixen os trocos moi tarde na noite, e non os fixen ben. Puxen a etiqueta de atención porque ao artigo lle faltan ligazóns internas, e porque así a primeira vista vin algúns erriños de redacción e estilo (especialmente en relación cos nomes dos santos e das virxes). Busquei a etiqueta de "Faltan ligazóns", pero como non a atopei e era moi tarde na noite, pois fixen algunhas cousas rápidas, puxen a etiqueta de atención e pensei en regresar mañá (por hoxe). Síntoo se foi un pouco brusco, porque non era a miña intención. Ánimo co traballo --Xabier Cid 10:44, 10 xullo 2007 (UTC)

Xa retirei a etiqueta de atención. Pódeslle botar unha ollada aos trocos no historial, que eran fundamentalmente de redacción e estilo (aspectos menores) e algúns detalles á procura dunha maior 'obxectividade' cos que seguro que estarás de acordo. O artigo pareceume moi bo. Pediríache, iso si, que aclarases un pouco máis as ligazóns externas, explicando que contido ofrecen... Un saúdo, ;) --Xabier Cid 11:12, 10 xullo 2007 (UTC)