Conversa usuario:FuckinChilliPeanuts

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvid@ á Galipedia.. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa non dubides en preguntar. Saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 14:49, 5 marzo 2006 (UTC)

  • Únome ao saúdo de benvida. Espero que disfrutes colaborando coa Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:41, 2 abril 2006 (UTC)

Ola FuckinChilliPeanuts, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:48, 15 setembro 2006 (UTC)

Ola FuckinChilliPeanuts, estamos a traballar na elaboración das categorías da rama Música en Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/Música. Como moitas das túas contribucións están relacionados con ese campo de coñecemento queremos pedir a túa axuda para pechar o debate e coñecer a túa opinión sobre o que se leva elaborado. En canto ao desenvolvemento da categoría a estrutura está determinada en parte por categorías comúns ao conxunto de ramas de categorías, pero atopamos problemas para decidir a clasificación da Música galega e para desenvolver a subcategoría Personalidades da música que entre outras cousas debe substituír á antiga categoría Artistas. Invítote a intervir no debate porque a túa aportación será moi útil para mellorar esta rama. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:01, 3 outubro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola FuckinChilliPeanuts. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:42, 6 decembro 2006 (UTC)