Conversa usuario:Dikinson01

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Copyright[editar a fonte]

Dikinson, por favor, non subas imaxes que non sexan libres de dereitos de autor.

Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes.

Grazas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 12:55, 28 de marzo de 2012 (UTC)

Licenzas[editar a fonte]

Ola de novo Dikinson, antes esquecera darche a benvida ao proxecto.

Non te preocupes, que, aínda que algunhas cousas sexan, nun principio, algo complexas, tanto eu coma calquera dos outros usuario ímoste axudar (tamén podes consultar dúbidas na Wikipedia:A Taberna).

Paso a explicarche cousas:

Cando falamos da fotografía dunha obra de arte (unha escultura, un cadro, un edificio) en realidade hai que considerar dúas obras de arte e os dereitos, a lo menos, de dous artistas, a escultura que fixo o artista escultor e a fotografía que lle fixo o "artista" fotógrafo. Certamente, se está permanentemente exposto na vía pública, o obxecto fotografado pode estar baixo liberdade de panorama, iso quere dicir que ti podes ir alí, tirarlle unha foto e publicala coa licencia que se te antolle, mais non quere dicir que podas facer calquera uso de calquera foto de calquera fotógrafo que fotografara ese obxecto. Non sei se me explico. Hai que considerar os dereitos do fotógrafo. Porén, obviamente, non podes fotografar unha escultura dun artista contemporáneo instalada en interiores e subila á Galipedia, aí non habería liberdade de panorama.
En canto a que algo non cite a súa propia licencia (páxina web ou o que sexa), segundo a lexislación internacional a licencia por defecto sempre é tódolos dereitos reservados, e lembra que tódolos contidos publicados na Galipedia deben estar baixo unha licenza que permita calquera tipo de uso, mesmo facer obras derivadas e uso comercial. Non son válidas as licenzas de tipo "para a súa publicación na Wikipedia" ou "para fins educativos" etc.

Se non me expliquei ben pregunta de novo, sen medo. E non esquezas asinar cando escribas nunha páxina de conversa.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 10:11, 31 de marzo de 2012 (UTC)

Si. Tamén podes acudir a buscar en comunidades que traballen con fotos libres. Por exemplo, algunhas fotos en flickr teñen licenza CC-BY-SA (compatible coa Galipedia).
Outra cousa que podes facer e pedir axuda aos membros desta comunidade, a Galipedia. Seguro que algún deles vive en Santiago e mesmo pode que algún pase tódolos días por diante dese edificio. Faino na Taberna. Sorte. --. HombreDHojalata.conversa 17:31, 31 de marzo de 2012 (UTC)

Caixa de información para imaxes[editar a fonte]

Ola Dikinson.

Todas as imaxes subidas á Galipedia deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregadas nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.

Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):

{{Information
|Description= Descrición da imaxe (que é?, onde foi feita?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se pillou a imaxe, se a imaxe é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor da imaxe.
|Date= Data en que se fixo a imaxe.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións da mesma imaxe (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves. Dikinson01

Poderías editar as fichas das imaxes para engadir a información que falta?

Graciñas.

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 09:34, 8 de abril de 2012 (UTC)

Unha última cousa e non te mareo máis. Tal como están agora teñen dúas licenzas "contraditorias" (GFDL e dominio público), cómpre elixir soamente unha e eliminar a outra. --. HombreDHojalata.conversa 11:01, 8 de abril de 2012 (UTC)