Conversa usuario:Carbiodrea

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bos días, Carbiodrea, e benvido/benvida a Galipedia. Para empezar, lembra que se traduces doutros proxectos, debes indicalo no resumo (ou na conversa), para que quede constancia do recoñecemento da autoría. En segundo lugar, a ligazón ó artigo en portugués non é unha referencia: a wikipedia non é referencia; seríao a fonte da que o primeiro editor sacou a información. E en terceiro lugar, afirmas no artigo que este libro "é considerado o máis importante ...", ¿quen o considera así? Xuízos de valor como ese esixen unha nota que indique quen fai esa afirmación; o problema é que se non o fai o orixinal portugués non sei de onde vas sacar esa referencia. Ánimo e a seguir traballando, que boa falta nos fan tódalas mans. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de marzo de 2017 ás 12:35 (UTC)[responder]

Livro de Linhagens[editar a fonte]

Boas Carbiodrea, o artigo Livro de Linhagens que creaches ti ten o marcador de investigacións orixinais, a ver se podes revisalo e amañalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2017 ás 00:11 (UTC)[responder]