Conversa usuario:Bustelofao

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Benvido á Galipedia, Bustelofao. Acabo de ver as túas aportacións. Fannos falta usuarios que, coma ti, nos acheguen fotos dos tan diversos lugares que ten Galicia.

Mais hai un inconveniente. Hai unhas regras. As fotos teñen que ter información detallada. Teñen que ter unha licenza que permita que se realicen obras derivadas e uso comercial e expresar claramente a súa orixe. As fotos que ti subiches carecen de datos. Sen datos, sen os datos necesarios, ditas fotos serán, antes ou despois, borradas.

Antes de che indicar o xeito de incorporar os datos ás fotos, colócoche aquí un enlace para que, facendo click nel, poidas ver a mensaxe de benvida que se lles dá a tódolos usuarios novos: Benvida.

Hai 2 momentos en que é posible incorporar os datos: Cando se sobe a foto ou logo de subila. Como xa as subiches, procedo a explicar primeiro o procedemento adecuado para este caso.

Debes de localizar as fotos. Podes facelo premendo na parte superior da pantalla na palabra Faotouro e despois , un pouco máis á dereita, en as miñas contribucións. Logo de facer click na imaxe que desexes, debes facer click na pestana editar. Verás entón unha caixa en que podes escribir. Aí é onde hai que poñer os datos precisos para cada imaxe.

É conveniente que incorpores os datos copiando o seguinte texto e completando o que está entre parénteses:

Táboa cos datos identificadores da imaxe

- http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:(sbustituír_polo_nome_da_imaxe.extensión)
Orixe/Source: (Páxina web, libro,... da que foi collida a imaxe. Se a fixeches ti pon http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada)
Autor/Author: (Se a fixeches ti pon [[:gl:User:Bustelofao]])
Copyright: (Isto é o máis complicado. Coméntocho máis adiante)
Publicada por/Publish by: [[:gl:User:Bustelofao]]
Data/Date: (data en que se subiu, por exemplo: 10-06-2006, 10 de maio de 2006)

Para o apartado copyright. Se a imaxe é túa podes escoller entre varias posibilidades. Coméntoche dúas:

  • PD (Dominio público, pode usarse a imaxe sen restricións)
  • GFDL (Pode usarse a imaxe sen restricións pero hai que poñer os datos presentes na caixa de información que ti escribiches)

Ó final da caixa de información debes poñer entre dúas parénteses a etiqueta escollida de maneira que podería ser algo así:

- http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:(substituír_polo_nome_da_imaxe.extensión)
Orixe/Source: (Páxina web, libro,... da que foi collida a imaxe. Se a fixeches ti pon http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada)
Autor/Author: (Se a fixeches ti pon [[:gl:User:Bustelofao]])
Copyright: GFDL,
Publicada por/Publish by: [[:gl:User:Bustelofao]]
Data/Date: (data en que se subiu, por exemplo: 10-06-2006, 10 de maio de 2006)

{{GFDL}}


Se a imaxe é dunha páxina web ou dun libro, ten que estar claro que dita imaxe é contido libre, que non presenta dereitos de autor. Débese poñer a etiqueta no copyright correspondente. Para saberes cales son esas etiquetas mira Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

Tamén pode ser conveniente que repares en Wikipedia:Política de uso de imaxes.

Por outra banda, non creo que sexa necesario, pois debe ser evidente, que a Galipedia é unha enciclopedia. Recoméndoche a lectura de Wikipedia:Cousas que non se deben facer.

Se precisas calquera cousa, estou á túa disposición.--Lmbuga Commons - Galipedia 20:29, 11 xuño 2006 (UTC)

Enlaces e Imaxes[editar a fonte]

Novamente poñemonos en contacto con vostede para lembralle as mensaxes que lle deixamos tanto neste nome de usuario como en Faotouro e no IP 62.151.41.187. A Wikipedia non pode usarse como soporte publicitario, por ese motivo inserir enlaces ás propias páxinas unha e outra vez está considerado spam. Anteriormente temoslle comunicado que no caso de eliminar vostede mesmo todos os enlaces execepto un este último podia quedar, neste momento os enderezos en cuestión están na lista de spam iso significa que cada vez que se atopa unha referencia elíminase inmediatamente. En canto ao marcado das imaxes non basta con escoller unha licenza ao chou, hai que incluir datos suficientes para que calquera colaborador poida comprobar o autor e a procedencia da imaxe. Temos manifestado reiteradamente a nosa disposición a axudarlle, por desgraza sen a información que lle solicitamos as imaxes deben borrarse da Wikipedia todas e cantas veces sexan cargadas. Saúdos. --Moderador 10:31, 2 novembro 2006 (UTC)


Warning sign Pode que haxa que borrar o(s) ficheiro(s).
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No(s) caso(s): Image:FERVENZA DO INFERNIÑO-FAO.JPG Image:FERVENZA DO INFERNIÑO.JPG cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro. Para marcar as imaxes é preciso incluír a licenza e a táboa de información cos datos que identifiquen a súa orixe.

Pode usar esta ferramenta para atopar todas as súas imaxes. Se ten dúbidas sobre como incluír a información que falta podemos axudarlle. Grazas. --Moderador 10:49, 2 novembro 2006 (UTC)