Conversa usuario:Barrimei

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvido á Galipedia Barrimei. Grazas por colaborar connosco, é moi valioso para o proxecto a axuda especializada en certos campos do saber para que a enciclopedia consiga un nivel de calidade aceptable. Polo que a túa axuda é especialmente importante, outra vez grazas. A continuación inclúo o texto que di como está organizado o proxecto Galipedia. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes.

Non dubides en contactar comigo se tes algunha dúbida ou suxerencia: estou á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 10:48, 28 xullo 2006 (UTC)

Para contactar comigo:

  • fai click na palabra Galipedia da miña sinatura.
  • edita a páxina que se che abre, premendo na pestana editar
  • Escribe ó final da páxina
  • Na parte superior de tódalas caixas de edición (o espazo en que se escribe) hai unha barra de botóns. Cando acabes de escribir, fai click no penúltimo para asinar, aparecerá o texto --~~~~, que se transformará ó gardar na túa sinatura.

Como saberás, borrei esta frase que che poño a continuación da páxina do título:

Información cedida polo espaciaslista no tema D. Antón Meilán.

Ti, seguindo o teu criterio volvíchela colocar e eu teño que volver borrala. Explícoche o motivo e as posibles alternativas para que esa información conste. Os artigos da Galipedia son conformados polo conxunto dos usuarios. Se pos esa secuencia e algún día edita nese artigo outro usuario (con todo o dereito), non creo que a D. Antón Meilán lle faga moita graza facerse cargo das palabras doutro usuario, palabras que ademais poden ser incorrectas.

Posibles solucións:

1ª (A ideal. Xa a adoptei eu) Cando editas un arquivo e escribes, xusto por encima do botón Gardar páxina tes un campo para escribir que pon Resumo: O que aí escribas queda para sempre no historial da páxina e non se ve no artigo. A primeira vez que eu borrei esa frase, incorporeina ó historial (O historial desa páxina esta en http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Mariscal_Pardo_de_Cela&action=history)

Ó historial accedes facendo click na pestana da páxina superior dos artigos que pon historial. Mesmo se pode comprobar en qué consisten os cambios que se fixeron de cada vez seleccionando aqueles que se desexen contrastar e comparando as versións seleccionadas.

2ª Se D. Antón Meilán ten algunha páxina web sobre o asunto, podes facer un apartado titulado Ligazóns externas e poñer o enlace a esa páxina. Escribiríase así:


==Ligazóns Externas== *[http://''nome do enlace Breve explicación do enlace]

(entre o nome do enlace e a explicación do mesmo só ten que haber un espazo. No enlace non pode haber espazos, teñen que ser substituídos por _ )

3º Se ten algún libro publicado sobre a cuestión, podes facer un apartado Bibliografía recomendada ó xeito do apartado anterior e colocar os datos.

Vou borrar de novo esa frase e volver facela constar no historial. Non dubides en porte en contacto comigo cando desexes, e espero que non encontremos por aquí a miúdo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:10, 28 xullo 2006 (UTC)

A imaxe que subiches podería ser borrada[editar a fonte]

Ola Barrimei. Se accedes á imaxe Image:Antonmeilan.JPG, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos. Os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos. Para máis información le Wikipedia:Política de uso de imaxes

Pódeche axudar para entender o que é a licenza ler Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe. Abonda con incorporar un enlace á páxina da cal se obtivo a mesma, indicar o libro do que se tirou, ou poner que é de creación propia.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. A orixe ou fonte da imaxe ten que expresar esplicitamente que esas son as condicións de uso.

Se queres que che axude a incorpora-los datos ou mesmo que os incorpore eu, explícame de onde saíu a imaxe. Sexa como sexa, non dubides en contactar comigo. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 08:29, 1 agosto 2006 (UTC)

Grazas pola túa colaboración. En Talk:Frouseira fixen un comentario indicando as causas polas que o artigo Frouseira debe ser reformulado. Se queres que comentemos algo, non dubides en dirixirte a min. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 12:57, 9 agosto 2006 (UTC)

  • Comprendo que esteas molesto. Non creas que para min non foi violento facer o que fixen e utilizar os termos que utilicei, algún excesivamente duro. No entanto, non souben facerche ver doutro feito que non caben nunha enciclopedia artigos afervoados, inzados de sentimentos nacionalistas e afectos persoais. Asi é todo, quéroche asegurar que eu tamén teño eses sentimentos. Ideoloxicamente estou, mís ca probablemente, próximo a ti; pero pretendemos unha enciclopedia seria, neutral e universal.

Es libre de tomar as decisións que queiras. As túas colaboracións futuras serán benvidas. Agradézoche as pasadas e espero que veñan outras. O teu papel neste wiki poderá chegar a ser -xa o é, en certa maneira, porque isto o facemos entre todos- tan relevante coma o de calquera ou máis; só che falta pillarlle un pouco o fío ó asunto.

A Galipedia ten valor en si mesma e non pode ser unha canle de expresión persoal semellante a un blog. Servimos a Galicia e ó galego acadando que os nosos artigos teñan calidade, non expresando os nosos pareceres, impresións, afinidades, gustos ou sentimentos. É un traballo longo, que precisa de moitas mans como as túas, e ó que lle queda moito camiño por percorrer. Os artigos serán variados ducias de veces antes de acadar unha forma máis ou menos definitiva. Abofé que do contido de moitos dos arquivos que eu creei, ó final, pode non quedar nada. E benvido sexa se é para que estean mellor. Non te desanimes. Non queremos darche un portazo (se quixeramos darche un portazo teriamos borrado os teus arquivos en vez de preocuparnos por eles e por conseguir que ti evoluciones), a túa axuda sempre será benvida. Agora ben, que sexa benvida non quere dicir que non leves reveses. Pouco e pouco cada vez terás menos reveses, en especial se procuras ser aséptico e científico. Ánimo!, e nunca interpretes que na actuación dos demais hai algo persoal.

Sigo estando á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:04, 9 agosto 2006 (UTC)

Notificación de bloqueo[editar a fonte]

Foi vostede bloqueado para contribuír na Galipedia durante o tempo de tres días por terxiversar o contido dos artigos por motivos ideolóxicos (http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Castrodouro&diff=180713&oldid=176708). Atentamente --Moderador 13:38, 18 agosto 2006 (UTC)